Luns. 29.04.2024
El tiempo

Corcubión ratifica o seu apoio á radiONeria asumindo a presidencia da EMUGA

Drok e Tono Casais na Comision permanente da EMUGA
O locutor Toño Casais na Comision permanente da EMUGA
Corcubión ratifica o seu apoio á radiONeria asumindo a presidencia da EMUGA

Confírmase a aposta do novo grupo de goberno do Concello de Corcubión coa radiONeria. Así se pode concluír tras coñecer que onte, o alcalde de Corcubión, Francisco Javier Dómínguez Traba, "Drok", comprometeuse como novo presidente da asociación de Emisoras Municipais Galegas EMUGA, segundo acordou a asemblea da entidade reunida onte martes en Santiago de Compostela.

EMUGA xa permitiu a contratación do recoñecido Toño Casais ao longo deste 2023, e agora Corcubión agradece dando un paso adiante e implicándose nesta rede de emisoras locais que conta con máis de 60 unidades. Casais continuará á fronte da emisora corcubionesa, cunha completa grella de programación na que a participación de diferentes axentes locais demostra a importancia dun medio tan próximo. 

Toca formalizar este apoio cunha partida orzamentaria digna para a emisora municipal de Corcubión, que a día de hoxe ten problemas na emisión a través da FM e só emite online a través do seu blog e do ivoox.

No horizonte, tamén está a hipotética mancomunización da emisora, que sería unha gran nova para toda a comarca de Fisterra.

Máis novas da RadiONeria

 

Comentarios