Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Corcubión vivíu unha nova concentración contra o sionismo

Concentración Palestina Corcubion
Corcubión vivíu unha nova concentración contra o sionismo

Nova concentración en solidariedade co pobo palestino e contra o sionismo israelí a celebrada este mércores 3 de abril, ás 19:30 horas, na Praza Castelao de Corcubión.

Na concentración denunciouse que Israel continúa a masacrar impunemente á poboación palestina e a provocar un conflito rexional co apoio dos gobernos occidentais. Sinalouse ademais que, pese á resolución do Consello de Seguridade da ONU pedindo o cese dos ataques, o sionismo non detén o xenocidio en Gaza.

A mobilización foi convocada en numerosas vilas do país polas entidades "Galiza por Palestina", "Mar de Lumes", "Asociación Galaico Árabe Jenin" e “BDS Boicot a Israel”. E foi apoiada polo BNG Costa da Morte, contando coa presenza do corcubionés Oscar Insua (deputado do BNG no Parlamento Galego) e diversos membros da formación nacionalista da comarca.

Concentración Palestina Corcubion 2

Máis novas

 

Comentarios