venres. 09.05.2025
El tiempo

O Banco Pastor abandona Corcubión tras 50 anos

O Banco Pastor abandona Corcubión tras 50 anos
Oficina do Banco Pastor de Corcubion

Despois de ter comprometido os aforros de ducias de veciños a través das Preferentes, a oficina do Banco Pasto de Corcubión, con mái sde 50 anos de existencia, vai pechar. Así o están a descubrir os seus clientes, que veñen de recibir cartas nos últimos días onde o Banco anuncia o peche das súas portas o vindeiro 7 de xuño.

E todo, a pesar, segundo nos explica o alcalde Francisco Lema Chisco, das "xestións oportunas para que esto non fora así" por parte do Concello. "Dende o equipo de goberno fíxoselle ver ao director de xestión que Corcubión no é un área de influencia do concello veciño senón que temos unha personalidade propia, e como calquera pobo nos doen as medidas discriminatorias por ser un concello pequeño", explica o alcalde que recoñece queasituación é imposible de recuperar pois a empresa xa avisou que "era unha das medidas de axuste, por rendabilidade, que a mercantil ten que poñer en marcha polo recén creado Grupo Popular".

O que si queda, e segundo asegura polas "presións do consistorio", será o caixeiro automático. E tamén a Novagalicia Banco que "confirmaba a este consistorio que a súas oficinas vanse manter e por tanto non hai ningún parámetro para sospeitar de que vaia a reducir os seus servizos".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Fco Lema Fuentes, Alcalde do concello de Corcubión.

Comentarios