Os grupos do BNG de Corcubion, Ponteceso e Laxe presentan as súas listas

Se a semana tocaba maratón de presentacións do PP, esta fin de semana serán os grupos do BNG os que fagan as súas presentacións en sociedade. Concretamente toca en Corcubión e Laxe, mentres que en Ponteceso agardarán ata a vindeira semana.
BNG de Laxe

O candidato á alcaldía de Laxe, Xosé Manuel Pose, realizará a súa presentación en sociedade escoltado polo alcalde de Carballo Evencio Ferrero. A cita será o venres 1 de abril ás 20:30h no Hotel Praia de Laxe.
BNG de Corcubión

Oscar Insua lidera unha completamente renovada lista no seo do BNG de Corcubión. A presentación oficial realizarase este sábado 2 de abril a partir das 21:00h no Restaurante As Hortensias, nunha cea. Estará presente o vicepresidente da Deputación Pablo VIllamar.
BNG de Ponteceso

Manuel Varela agardará ata o venres 8 de abril para facer a súa presetación. A cita será a partir das 21:00h na Casa dos Veciños do Couto, estará Evencio Ferrero e Nieves Suárez, nº2 da litas, será a presentadora.
Novas relacionadas
- O PP abre o camiño cara as eleccións.
- O BNG de Corcubión pide á Deputación financiamento para rematar o Centro de Día.
- O BNG de Laxe critica que PSOE e PP eludan responsabilidades co problema dos áridos.
- PSOE e BNG de Ponteceso levarán ao pleno a preocupación polas gretas .
Fonte
- Notas de prensa dos BNGs de Corcubión, Ponteceso e Laxe.