Os recortes nas escolas xa están na rúa
Non paran as mobilizacións contra a LONCE neste convulso comezo de curso. A ANPA A Granxa, do CEIP Bergantiños de Carballo, avisaba a semana pasada e onte celebraba a primeira concentración ás portas da escola, “reclamando o que nos pertence”, aseguran, destacando a necesidade de varios mestres de apoio para os seus fillos, e concretamente pensando nos cativos con necesidades especiais.
Co apoio do Alcalde e dos portavoces dos Grupos Municipais do BNG, PSdeG-PSOE e TEGA (faltou o PP a pesar de estar invitado) celebrouse unha xornada de reivindicación ben sa.
Os voceiros da entidade destacaron que teñen por dereito tres prazas fixas de mestre especial sen determinar.
O que está claro é que a comunidade educativa (pais e nais, mestres e alumn@s), “están fart@s de traballar con recortes”. Por iso teñen claro que non pararán, e de feito continúan ca colleita de sinaturas, xa superando as 2000. “Desgraciadamente isto seguro que non remate aquí, a razón está con nós e non pararemos até que se faga xustiza co noso centro. Non pedimos que o catering do comedor o sirva Ferrán Adrià, pedimos que estén cubertas as necesidades de quen máis o precisa, non o esquezades”.
Xornadas de Formación para pais "Aprende a educar"
Tanta loita, non exime que a Federación de ANPAS descoide as labores de formación para pais. Por iso, este venres 14 de novembro, realizaranse as seguintes charlas das xornadas de formación para nais e pais organizadas pola ASPG e nas que colabora as ANPAs da Costa da Morte.
- Carballo: ás 20:30h no Forum sobre "A presenza dos menores na rede".
- Corcubión: ás 20:00h na Casa da Cultura sobre "A familia como contexto socializador".
O vindeiro venres 21 a charla sobre a presenza na rede darase en Corcubión e a da familia como contecto socializador en Carballo. Así mesmo, o mércores 29 toca en Cabana a charla sobre Os menores na rede.
Novas sobre a loita contra a LOMCE
- 07-11-14: A ANPA A Granxa retoma o Pedibús pero tamén as mobilizacións-protesta.
- A comunidade educativa non queda calada ante os continuos recortes.
- Abrazando o ensino público contra a LOMCE.
- A Xunta responde con máis recortes ás denuncias públicas do IES Pedra da Aguia.
- 29-10-14: O IES Pedra da Aguia denuncia un novo recorte no horario dunha mestra a metade de curso.
- A ANPA A Granxa xa colleita sinaturas contra os recortes.
- As ANPAS dos Muíños e CEIP Bergantiños alzan a voz de novo contra os recortes.
- As familias aprenden a educar ca Fedanpa.
- A Fedanpa empeza o curso #LOMCE en clave de loita.
- Os recortes no CPI Xosé Pichel indignan aos pais de Coristanco.
- O grupo de 4º de Primaria que non tiña titor.
- O IES Pedra da Aguia critica o recorte de mestres no comezo do primeiro curso LOMCE.
- Parches en 16 centros educativos da bisbarra.
- A Xunta anuncia que manterá aberta a Escola de Carnés.
- A ANPA do CEIP de Malpica esixe unha solución aos problemas de persoal.
- Os pais e nais de Carballo piden o mantemento da novena unidade de Educación Infantil do CEIP Fogar.
- As ANPAS inciden na volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto.
- As Anpas Galegas conclúen en Vimianzo que hai que seguir mobilizándose polo ensino público e de calidade.
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).