Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Parlamento das Cousas do Monte Cambeiro estréase este venres

monte cambeiro-terra creativa-1 copia
O Monte Cambeiro como espazo de reflexión
O Parlamento das Cousas do Monte Cambeiro estréase este venres

Cobra forma o proxecto Terra Creativa, que trata de poñer en valor o traballo de rexeneración do Monte Cambeiro. Esta finca municipal situada en Amarelle, representa mellor que ningunha, que outra ordenación forestal é posible. A gran promotora, Asociación Boca de Sapo, despois de conseguir en 2019 a cesión por parte do Concello e fomentar a erradicación de especies invasoras e o crecemento de autóctonas, une forzas coa Cooperativa Azul mais Verde e a AC Universidade Cromática das Virtudes (e co apoio e o acompañamento da Fundación Daniel y Nina Carasso) para darlle un sentido social ao proxecto.

Así, este venres 15 de marzo, ás 16h no Monte Cambeiro de Amarelle (en caso de chuvia na sala Museo da Casa da Cultura de Corcubión), terá lugar a inauguración do “Parlamento das Cousas”, a pata social do proxecto Terra Creativa. Inivitadas quedan todas as persoas da comarca e do extranxeiro interesadas en participar meste exercicio de reflexión común, a que terás que acodir cunha "cousa” ou “obxecto material" que estea asociado coa túa cultura ou vivencia do monte. A partir delas farase un “inventario de cousas e memorias”.

”Desde a conciencia de que a nosa vida e a nosa creatividade esta intrinsecamente conectada a dos nosos territorios, este proxecto habilita un espazo e un tempo para agrandar esta consciencia”, explican.

Trátase dunha proposta artellada polo grupo de innovación docente ACHEGA (Aprendizaxes Colaborativos, Híbridos e Experimentais de Galicia) da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e para a que estará colaborando tamén o artista Diego Vites.

A actividade será conducida por Elvira Santiago, Carlos Diz e José A. Cortés do grupo ACHEGA así como por algunhas das súas estudantes.

Se non podes achegarte podes informarte máis no blog azulmaisverde.gal, e enviar a túa memoria, como fixo xa Paco Perú con este exercicio como exemplo da súa memoria do monte:

HISTORIAL DO MONTE CAMBEIRO

Comentarios