A Plataforma Reiseñores convoca unhas novas xornadas de apoio mutuo para as familias con crianzas con Necesidades Especiais

A Plataforma "Reiseñores" NEE/NEAE Costa da Morte retoman o proxecto de apoio mutuo entre familias "Medrando xuntas". "Un espazo seguro e tranquilo onde apoiarnos e compartir experiencias e así acadar tecer unha gran rede de apoio", explican dende a rede, dende onde consideran que "estas xornadas pode ser un recurso máis para axudarnos a resolver os conflito e situacións a que as familias nos enfrontamos ao longo de todas as etapas da vida e poder defender os nosos dereitos a estar e ser libres e iguais nun mundo que tamén nos pertence".
Así convidan a unha serie de acciones que se desenvolverán neste treito final de curso e que comezan este sábado 31 de maio de 12:30h as 13:30h no Auditorio Capela do Pilar en Corcubión.
Coa colaboración da Federación Provincial de ANPAS da Coruña - Costa da Morte e a intervención de Centro divergente Psicología e Terapia»