Os traballadores de XEAL tamén se manifestan ante a supresión do servizo de practicaxe nos portos da ría

A Xunta recortou á metade os custes do servizo de practicaxe para os portos Corcubión, Corme, Laxe e Cee, o que provocou que a licitación quedase deserta. Ademais de afectar ao tráfico marítimo, dende XEAL entenden que "é un duro golpe á continuidade das fábricas de ferroaliaxes, xa que contar co práctico e a súa tripulación é preceptivo para que os barcos que chegan coa materia prima e os que levan o produto elaborado poidan entrar e saír do porto".
Ademais, "para rematar con calquera posibilidade de actividade no noso porto, tamén se vai trasladar a grúa de Brens ao Porto Exterior da Coruña", denuncian.
Mocións nos concellos
Por estas razóns, O Comité vai pedir que todos os Concellos aproben unha moción no que se trate este asunto do servizo de practicaxe, así como que insten á Xunta e Augas a blindar as concesións da empresa.
Novas relacionadas
- Vinculan o desmantelamento das fábricas de Cee e Dumbría coa falta de práctico no porto de Brens.
- Setembro 22: A Xunta volve abrir unha convocatoria para o práctico portuario sen atender ás demandas da Costa da Morte
- Xullo 22: Os portos do Corredor de Fisterra poderían quedar sen servizo de practicaxe.
- Xuño 22: Piden a revisión do prego de condicións para cubrir a praza do práctico dos portos da Costa da Morte.
- Maio 22: O “práctico” dos portos, un posible novo recorte da Xunta.
- Maio 22: “As cotas do abadexo son un paso máis para desguazar a pouca frota que queda de pesca artesanal”.
- Marzo 22: O BNG denuncia un novo recorte nos servizos do ISM.