Coristanco tamén abre unha vía de envío de axuda económica a La Palma

Ademais da marea solidaria que parte de Corme e se xestiona dende Protección Civil de Carballo, por Coristanco tamén se abre outra vía para enviar axuda a La Palma.
Faino ademais por acordo plenario do día 30 de setembro de 2021, trala aprobación por unanimidade dunha moción presentada polo grupo municipal PSdeG-PSOE.
Tras a posta en contacto coa Cruz Vermella da Palma, neste momento as maiores necesidades corresponden a aporte económico. Polo mesmo, dende este municipio habilitaranse diferentes puntos de recollida monetaria: no Concello, no Edificio de Servizos Múltiples, nos centros de Saúde e nos centros de ensino.
Todos aqueles establecementos e asociacións que desexen instalar un punto de recollida, poderán facelo tras solicitude a través das seguintes canles:
- 651 664 908/665 294 194
- biblioteca@coristanco.gal
NOVAS RELACIONADAS
- Corme lidera e Carballo coordina a onda de solidariedade da Costa da Morte para La Palma
- Protección Civil de Carballo coordina a axuda de material máis necesario para La Palma.
- Concello e Asociación Salitre organizan un concerto solidario para recadar fondos para os animais desprazados de La Palma.
- A Costa da Morte comeza a remover as cinzas do Prestige para axudar a La Palma.