A Pataca Kennebec de Coristanco competirá coas mellores de España na Feira Alimagro en Xinzo de Limia

Segue refrendando a súa posición como elemento de máxima calidade a pataca de Coristanco. O produto bergantiñán segue na liña de apostar pola diferenciación, pola posta en valor da agricultura local como exercicio de nobleza gastronómica.
E para iso, aspira a ser catalogada como a Mellor Pataca do Ano. Será na Feira Alimagro, en Xinzo de Limpia, onde a Asociación de Vilas Produtoras de Pataca vai celebrar o I Concurso de Cata de Patacas. Este evento, que se celebrará o venres 5 de setembro ás 19:00 horas na carpa da feira, busca recoñecer e premiar a excelencia entre as moitas variedades que enriquecen a nosa gastronomía.
O evento porá en valor o extenso patrimonio da pataca en España. Os catadores mestres avaliarán seis variedades, cada unha coa súa propia textura, sabor e aroma únicos, presentadas polas vilas produtoras. O obxectivo é sinxelo pero ambicioso: coroar unha destas variedades como a Mellor Pataca do Ano, destacando o valor da agricultura local e os esforzos dos concellos produtores que preservan esta riqueza varietal.
O concello de Coristanco, membro da rede, competirá coa variedade Kennebec para converterse na Mellor Pataca do Ano.
As seis variedades que compiten nesta primeira edición son:
- Spunta, de Sanlúcar de Barrameda (Cádiz)
- Soprano, de Cartaxena (Murcia)
- Donata, de Medina del Campo (Valladolid)
- Kennebec, de Coristanco (A Coruña)
- Agria, de Xinzo de Limia (Ourense)
- Cimega, de La Rinconada (Sevilla)
Os organizadores lamentan a ausencia de variedades procedentes das Illas Canarias, que non puideron participar no concurso debido á prohibición do movemento de patacas entre o arquipélago e a Península.
Convértete en xuíz e elixe a mellor pataca do ano!
Ademais dos mestres catadores, calquera afeccionado á gastronomía ten a oportunidade de participar activamente no concurso. A Asociación de Aldeas Produtoras de Pataca invita ao público a formar parte do xurado e participar nesta cata histórica.