mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Tribunal Supremo revoga a anulación do TSXG sobre o parque eólico Campelo

Imaxe dunha xuntanza informativa en 2018 sobre o impacto dos parques eólicos de Bustelo e Campelo en Coristanco
O Tribunal Supremo revoga a anulación do TSXG sobre o parque eólico Campelo

O Tribunal Supremo vén de emitir un comunicado no que anuncia a revogación a anulación do proxecto eólico Campelo (Greernalia) realizada polo por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) por “fragmentación irregular” dos proxectos Campelo, Bustelo e Monte Toural, situados entre Coristanco, Cabana e Santa Comba.

O TS considera que “o feito de compartir dous ou máis parques eólicos instalacións de conexión non significa necesariamente que debamos considerar a existencia dun proxecto único de parque eólico para os efectos da súa avaliación ambiental, pero cada caso debe ser examinado en detalle circunstancias concorrentes, á luz da normativa e da xurisprudencia aplicable”.

Esta sentenza é un duro varapau na loita dos colectivos ecoloxistas contra a invasión eólica, xa que xa se avanzou a asegurar a Xunta, pode “abrir a porta a levantar a paralización doutros 64 parques eólicos decretada polo TSXG en resposta a 120 recursos”. Esta sentenza engádese a outras emitidas polo Tribunal Supremo a finais de 2023 e comezos de 2024 sobre o parque eólico Corme.

No outro lado, ADEGA, que é unha das entidades demandantes neste e noutros moitos procesos xudiciais contra proxectos eólicos, “agardará a coñecer o contido íntegro desta sentenza do TS e a súa fundamentación xurídica para pronunciarse publicamente sobre as súas potenciais repercusións e decidir sobre as eventuais accións legais a interpoñer, se estas tivesen cabida”.

Con todo, lembran que “como consecuencia da anulación polo TS da sentenza do TSXG sobre o repotenciamento do parque eólico de Corme, o alto tribunal galego elevou unha cuestión prexudicial ao Tribunal de Xustiza Europeo (TXE). Esta cuestión atinxe directamente ás cuestións casacionais invocadas polo TS para anular a sentenza do PE Campelo, polo que a súa resolución afectará tamén a este procedemento”.

Así, avanzan que seguirán “defendendo os intereses xerais e o medio ambiente galego dun modelo eólico depredador e espoliador co noso territorio” e valoran se acodir ao Tribunal Constitucional.

Máis novas

Comentarios