Martes. 08.10.2024
El tiempo

A sociedade civil recauda 20.000 para frear os proxectos eólicos de Campelo e Bustelo

Mapa Parques eolicos bustelo campelo e monte toural
Mapa do megaproxecto
A sociedade civil recauda 20.000 para frear os proxectos eólicos de Campelo e Bustelo

Hai un par de semanas que o O TSXG paraliza cautelarmente o proxecto eólico do Campelo por “fragmentación irregular”. Pero obrigaba aos demandantes, ADEGA e a PDCC, a presentar unha caución, un aval, de 10.000 por cada unha das dúas sentenzas, para facelas efectivas.

A resposta da sociedade foi excepcional. En tan só 7 días, as entidades conseguiron superar os 20.000 euros en 238 achegas na colleita online para paralizalos, o que “dá conta do forte e amplo rexeitamento da sociedade galega ao actual modelo eólico da Xunta”, entenden dende ADEGA.

Deste xeito, o megaproxecto de Greenalia (aínda queda a terceira parte de Monte Toural que sufrirá, probablemente o mesmo proceso) sito nos concellos de Coristanco, Santa Comba e Carballo, que á espera de novas decisións xudiciais.

As entidades paralizan a campaña ata novo aviso.

Novas relacionadas

ODAS AS NOVAS SOBRE OS PROXECTOS EÓLICOS

Comentarios