#8M: "É por ser muller", a campaña da Deputación para denunciar a precarización do ‘traballo reprodutivo’
Mais a programación do 8M da Deputación, como xa vén sen tradición nos últimos anos, é un programa que se expande ao longo do tempo, durante os meses de marzo e abril, e ao largo do territorio. Así, continuará con palestras, mesas de diálogo e espectáculos musicais na Coruña, Cambre, Betanzos, Ordes, Arzúa, Oroso, Carballo, Cabanas e Zas.
A primeira cita será na tarde do venres10 de marzo, das 16h ata as 19:30h, nas instalacións da AC Alexandre Bóveda. Participarán nunha conversa para dar voz á situación dos dereitos laborais en sectores feminizados”, encabezada por Marisol Gómez do SAF de Vilagarcía e por Ángeles Mille, secretaria da Asociación de Redeiras Profesionais O Fieital de Malpica representando a ANMUPESCA. Como moderadora intervirá Mariola Mourelos.
E rematará co espectáculo “O benquererse”, a cargo de AldaoLado, no que Lucía Aldao e María Lado abordan os temas dos coidados e a precariedade a través das súas propias vivencias persoais. Como vén sendo habitual nas súas propostas, mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres siguen atopando na vida pública e privada. Botando man do humor, falan do patriarcado, do feminismo, da discriminación de xénero, do concepto do amor romántico, e do amor a unha mesma.
Crónicas do 8M
NOVAS DO 8M
- Ponteceso: #8M: Feminismo en pé convoca a gran mobilización feminista de Bergantiños:
- Corcubión: Un obradoiro para mulleres, dous para nen@s e unha andaina para o 8M de Corcubión.
- Santa Comba: #8M: Unha 8M de documental en Santa Comba.
- Cee: #8M: As mulleres de Cee teñen moito que contar.
- Carnota: 8M: As mulleres de Sonlilá homenaxean a Marupe cunha cadea de mulleres.
- #8M: Buserana conversa sobre a vida real das mulleres
- 8M Carballo: "Na nosa contorna máis inmediata hai mulleres que son referentes nas súas profesións” (entradas esgotadas)
- 01-02-2023: Carnota chora o pasamento de Marupe.
- 8M 2022: Unha cadea humana sobre a praia de Carnota para simbolizar a forza das mulleres.