Sábado. 21.09.2019
El tiempo

A AFIPRODEL busca apoios nos Concellos

A AFIPRODEL busca apoios nos Concellos

A entidade costeira Afiprodel segue traballando polo recoñecemento dos Axentes de Desenvolvemento Local e desta volta a súa búsqueda de apoios foi polos municipios. Así, a entidade na remitiu no mes de xullo a “Declaración de Apoio aos Servizos de Emprego e Desenvolvemento Local de Galicia” apoiada por 87 Concellos galegos á Consellería de Traballo e Benestar Social, ás Deputacións Provinciais e á FEGAMP.

I é que o amplo apoio de alcaldes e alcadesas, sen distinción de cor política, aos servizos de emprego e desenvolvemento local de Galicia que quedou patente na presentación da Declaración de apoio a estes servizos realizada por Afiprodel no Concello de Fisterra coa presenza de representantes dos Concellos e entidades da Costa da Morte, foi refrendada polos 87 Concellos asinantes da solicitude á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para que a liña de subvención que cofinancian estes servizos se manteña e se consoliden.

O presidente da FEGAMP, Jose Manuel Rey Varela, mostrouse aberto e receptivo ás propostas realizadas por Afiprodel e nos participou a súa confianza en que a Consellería respostaría axeitadamente ás demandas realizadas polos Concellos para manter a liña de subvención á rede de AEDL de Galicia.

Peticións

Afiprodel entrevistouse o 1 de agosto co presidente da FEGAMP na que se realizaron as seguintes propostas:

  • Solicitude de participación de Afiprodel nas Comisións da FEGAMP relacionadas co emprego, promoción económica e desenvolvemento. Na actualidade Afiprodel ten participación na Comision de Promoción Económica da FEMP como entidade pertecente á federación española de profesionais do desenvolvemento local (FEPRODEL)
  • Proposta de Convenio de colaboración entre Afiprodel e FEGAMP en temas relacionados co desenvolvemento local e que poden comprender actuacións de investigación, estudos, organización de actividades formativas e divulgativas ou colaboración cara os plans de formación para o persoal das axencias de desenvolvemento local dos concellos.
  • Entrega e presentación das propostas de Afiprodel remitidas á Conselleria de Traballo e Benestar para a mellora da implantación das políticas activas de emprego e desenvolvemento, así como dos proxectos pilotos “Servizos en Rede” e “Camiñando cara a territorios intelixentes”.

Nesta xuntanza tamén se comentou a preocupación dos profesionais de desenvolvemento e dos Concellos respecto ao cofinanciamento da Consellería de Traballo e Benestar dos servizos locais de emprego e desenvolvemento local.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios