A Fedanpa entrega os Premios Rosalía e Werto para celebrar o seu primeiro ano de loita


Vai facer un ano que as ANPAs das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra, Costa da Morte demos o paso para unirse e constituíronse en federación de ANPAs de centros públicos da Costa da Morte. Fontaleceron, e de que xeito, o movemento asociativo de ANPAs, co obxectivo de que "a educación que deba recibir o alumnado das nosas comarcas non perda calidade e para que o conxunto da cidadanía, que está a sufrir a crise, non se vexa privada dos seus dereitos".
Así, xa vai case un ano dende aquel o 22 de febreiro de 2.013. Hoxendía a Fedanpas Costa da Morte xa integra a todas as Anpas da bisbarra e non fai máis que "traballar no eido educativo dun xeito global, atender ás realidades comarcais da Costa da Morte, e pretender incidir nela no espazo da educación, estando presentes en todos aqueles foros de opinión, e en todos os órganos administrativos nos que se traballe nese espazo".
E son o claro reflexo de que a unión fai a forza. En 2012 apenas escoitabamos voces disonantes na estrutura educativa, e ao longo deste 2013 as manifestacións e protestas escolares escoitáronse máis que nos últimos anos. "Formar unha voz común que defende o ensino público nas nosas comarcas, unha voz sustentada nunha ampla base social", esa é a clave.
Un acto con premios e todo
Así, este 22 de febreiro de 2014, a Fedanpa, coincidindo coa reunión en Carballo (cada mes a reunión é nunha cabeceira de comarca), realizarán un sinxelo acto de celebración do primeiro aniversario no salón de actos do segundo andar do Pazo de Cultura de Carballo que terá lugar na tarde do 22 de febreiro de 2.014 (2 días despois da folga de estudantes).
O Acto de Aniversario da Federación de ANPAs da Costa da Morte terá unha duración total 90 minutos, máis ou menos, e comezará ás 6 da tarde (puntual).
E contarán cos Premios ensino Público: Premios das ANPAs da Costa da Morte a favor en en contra do Ensino Público. Chamaranse "Premios Rosalía" en defensa do Ensino Público e "Premios Werto" en contra do Ensino Público.
Novas relacionadas
- Coa ANPA Alén de Corcubión, a Fedanpa integra a todas as Anpas da Costa.
- A Fedanpa esixe a volta ao sistema de préstamo universal dos libros de texto.
- Un camión de tapóns solidarios dende a Costa da Morte para Matías.
- As rúas de Carballo cambian coches por nenos.
- A Fedanpa considera os orzamentos da Xunta como un paso na privatización.
Máis novas sobre a loita contra a LOMCE
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
- A comunidade educativa e cultural prepara a gran folga do 24O.
- Un peregrinación ata a fin da terra polo ensino público no rural.
- O Camiño, do revés, polo ensino público.
- Música e versos para berrar #NonáLOMCE.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa da Fedanpa.