Xoves. 20.06.2024
El tiempo

A túa frase na Camiseta QPC

A túa frase na Camiseta QPC

Coma sempre, queremos que a voz dos lectores sexa a voz de QPC. Desta volta queremos pedirvos que escollades o lema da primeira camiseta QPC. Un lema que deberá recoller en 140 caracteres, ou menos, o sentimento de ser da Costa da Morte.

Necesitamos unha idea, un tuit, para acompañar o hastag #costadamorte, co que de seguro, todos os lectores de QPC nos sentimos identificados.

Así que mándanos un tuit, cóntanos por que es da Costa da Morte, por que te sintes da Costa da Morte, en 140 caracteres (ou menos).

Escolleremos os mellores e faremos unha votación entre os lectores para escoller o lema da camisola QPC.
Deixamos aberto o buzón de suxerencias ata o 30 de xuño, e a partir de aí abriremos a votación final.

Entre todos os participantes, sortearemos 2 camisetas e haberá outra, por suposto, para o autor do lema gañador.

Participa!

Envíanos o tuit a:

Outros Servizos QPC

Fonte

Comentarios