Martes. 19.03.2024
El tiempo

Beatriz Manjón: "Tratei de ocultar esa inhibición a base de exhibirme"

Charlamos con Beatriz Manjon sobre pasado, presente e futuro. Esta ferrolana, licenciada en periodismo cunha amplia carreira tanto en televisión como columnista, unha galega de nacemento pero nómada en busca de proxectos para seguir crecendo.
Beatriz Manjon da TVG
Beatriz Manjón: "Tratei de ocultar esa inhibición a base de exhibirme"
  • A.G.: De onde che veu a vocación polo xornalismo?

Non sei se tiven vocación xornalística algunha vez; se cadra cando botaban na tele Murphy Brown. O que tiven sempre foi vocación de escribir, xa de nena torturaba á miña nai con libriños de poemas propios.

 
  • A.G.: Crees que o xornalismo actual está máis censurado que décadas atrás?

Creo que o xornalismo actual é menos libre, como tamén se fai unha televisión menos libre. Antes o xornalista escribía sobre a súa percepción da realidade, influido, como moito, polos seus prexuizos e a liña editorial do seu medio. Agora, ademais, hai que atender ós novos prexuizos paridos pola corrección política, e tamén á virtualidade, ás redes sociais, que teñen moitas virtudes, pero unha clara tendencia inquisitorial. Córrese o risco de acabar escribindo segundo a axenda que marque a polémica do día e para gustar a determinados seguidores.

 
  • A.G.: Televisión ou periódico, onde te sintes máis cómoda?

Son unha persoa tímida. Durante os anos de televisión tratei de ocultar esa inhibición a base de exhibirme, pero a miña personalidade vai máis coa escritura. Boto de menos, iso sí, o traballo en equipo da tele.

 Beatriz Manjon presentando na TVG
Beatriz Manjón presentando un programa na TV

  • A.G.: Presentaches varios programas en canles autonómicos e a nivel nacional, cal sería esa lista dos teus favoritos?

As listas nunca son xustas, pero vouche destacar tres:
- ”A Revista Fin de Semana”, o programa da TVG no que empecei como reporteira e que me deu a oportunidade de curtirme como presentadora.
- “La Bomba”, un talk show para Canal 9 moi divertido onde calquera cousa podía pasar.
- “Éxito”, un programa de talentos no que percorriamos Galicia no verán. Que máis se podía pedir?

 
  • A.G.: En esa época na televisión, eras unha das mulleres máis desexadas do país, como levabas esa honra

Esa etiqueta colgáronma cando presentaba un concurso de parellas, Bravo polos amigos. O meu rol era descarado e provocador, e tratei de defendelo como puiden. Pero baixo esa apariencia seguía sendo unha muller tímida que levaba mal as miradas pola rúa e que se me recoñecese. Por iso marchei a Madrid. Di Rafa Latorre que a Madrid marcha un para que o deixen en paz. E ten razón.

 
  • A.G.: En Galicia eres unha referente e na comunidad Valenciana hasta che dedicaron un “ninot”, significa que fas as cousas ben?

Non son referente nin na miña casa. Fun popular nun momento determinado, nada máis. En Valencia traballei apenas medio ano, pero o programa funcionou moi ben de audiencia e a xente conectou conmigo. Ese ninot fíxome moita ilusión. Con respecto a se fago as cousas ben… penso o mesmo que Juan Ramón Jiménez: «Mi mejor obra es el constante arrepentimiento de mi obra».

 
  • A.G.: Tamén tes no mercado o libro "Héroes de polvo”. Como foi a experiencia?

Remítome á frase anterior ;). Ese libro debeu quedar no caixón; ou no ordenador, agardando por sucesivas reescrituras. Hai algo peor que ler un mal libro: escribilo.

 
  • A.G.: Tes en mente máis proxectos cómo escritora?

Teño dúas novelas máis escritas (e moitas veces reescritas). E outra a medias.

 
  • A.G.: Nos teus perfis tes unha frase demoledora: "Coleccionista de rechazos editoriales”. A que se debe?

O meu sangue andaluz lévame a esaxerar ;) Mandei as novelas a unhas seis editoriais e dixéronme que non estaban interesadas. Pareceume divertido definirme así nunha época na que todo o mundo destaca os seus logros nos seus perfiles. Unha biografía non está completa se só reflictes os triunfos.

 
  • A.G.: Agora podemos ler as tuas opinións en "The Objective". Que tal está nova experiencia?

Xa colaborara en “The Objective” cando escribía para ABC. Retomei hai dous anos estas colaboracións, porque non quería perder a práctica na columna e porque teñen un plantel de firmas estupendo, das que aprender con cada lectura. Hai que rodearse de xente talentosa, é o único xeito de mellorar.

 
  • A.G.: Actualmente estás a vivir en Marbella, pero tes morriña da terra galega?

Non son unha persoa morriñenta. Teño nostalxia dalgunhas persoas, claro, pero supoño que o feito de mudarme moitas veces na miña vida e de ter que traballar en moitas partes fíxome desapegada á terra por pura supervivencia. Pero que conste que non perdín o apego pola empanada de zamburiñas ou a de mazá ;)
Un non é de onde nace, nin de onde pace; un é de onde xace, de onde atopa o amor. E o meu está en Marbella.

Beatriz Manjon

Entrevistas semellantes

Comentarios