Venres. 11.10.2024
El tiempo

O BNG amosa o seu apoio ao Comité de XEAL e esixirá á Xunta que actúe

REUNIÓN PONTÓN BNG - XEAL
O BNG amosa o seu apoio ao Comité de XEAL e esixirá á Xunta que actúe

Hoxe terá un día axetreado, coas visitas aos grupos parlamentarios do PP e do PSOE, ademais da concentración diante das oficinas de San Caetano. Pero xa onte, o Comité de Xeal mantivo a primeira reunión no Parlamento Galego cos deputados do BNG.

E como era previsto, conseguiron todo o apoio do grupo da oposición que esixirá no Parlamento á Xunta que actúe xa para garantir o mantemento do emprego e os dereitos laborais en Xeal. O grupo que XEAL mantén un “incumprimento flagrante” das cláusulas da concesión das explotacións hidroeléctricas no río Xallas, como lle trasladaron onte aos membros do Comité Ana Pontón e Mon Fernández. A máis grave, a redución de postos de traballo, que xa ronda o centenar entre fixos, eventuais e indirectos, ademais das “graves vulneracións dos dereitos laborais”, facendo referencia ao caso de acoso e de despido irregular por testificar.

Por todo, o BNG considera que Xunta “debe actuar de inmediato na defensa do emprego e da dignidade do persoal das fábricas da Costa da Morte, se fose preciso rescatando as concesións das centrais”. Farao cun paquete de iniciativas parlamentarias reclamando a intervención urxente da Xunta neste sentido.

Novas relacionadas

Comentarios