Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica pídelle a López Madrid que veña a negociar o ERTE á Costa da Morte

Os alcaldes uníronse para esixir que a Xunta faga valer a vinculación entre fábricas e centrais

O Comité de Ferroatlántica pídelle a López Madrid que veña a negociar o ERTE á Costa da Morte

Este martes 12 de marzo, celebrouse na fábrica de Brens unha nova reunión entre a dirección de Ferroatlántica e os representantes dos traballadores. Unha reunión no marco dunha negociación para fixar os calendarios laborais e deixar claro así canto tempo que afectará o ERTE a cada traballador.

Unha reunión de pouco valor para a CIG, que considera que “non se quedou en nada”, emprazando así a importancia cara a vindeira reunión deste vindeiro xoves 14 ás 10:30, á que a empresa quedou emprazada para aportar outro tipo de solución.

A CGT tampouco valorou positivamente a reunión, pois “os calendarios seguen sen ter un mínimo de lóxica, por varios motivos. Hai discriminacións en todos os ámbitos, por polivalencia, polos festivos que unha gran maioria deixan de facer, por repartición dos días de ERTE, etc…” sinala Juan Villar.

Así, o Comité de Empresa ao completo enviou un escrito ao presidente de Ferroglobe, López Madrid, facéndolle chegar o “descontento polo trato recibido por parte da empresa, por como se está tratanto a este centro de traballo, en relación á información real da situación da empresa, en materia de negociación do ERTE, pola falta de diálogo, máis se cabe vendo como lles está afectando a outras fábricas do grupo”.

Píndelle que “se persone no centro de traballo costeiro para dar as explicacions pertinentes sobre a nosa situación, e que veña con un compromiso real de arranque dos fornos”.

Apoio dos alcaldes

Alcaldes da bisbarra en apoio a Ferroatlantica

Paralelamente, 7 máximos representantes municipais (Cee, Dumbría, Zas, Corcubión, Muxía, Vimianzo e Fisterra) mantiñan este pasado luns unha reunión na que se compromenten a solicitar unha reunión co presidente da Xunta para que inste a empresa a poñer en marcha os fornos, e fagan cumprir ás condicións concesionais das centrais hidroeléctricas. Unha medida para presionar a Xunta "para que faga valer a vinculación entre a produción eléctrica e a industrial e para que o conselleiro de Industria atenda a solicitude de reunión que lle temos pedida".

Reunión no Parlamento Galego

Delegacion de Ferroatlantica no Parlamento Galego co BNG

Este mércores, unha delegación do Comité de Empresa acudiu ao parlamento galego convidado polo BNG de Cee, para asistir ao pleno no que o BNG debateu co Conselleiro de Industria e no que o BNG pediu que se impliquen a fondo no problema do ERTE de Ferroatlántica. 

BNG e CIG consideran que "a Xunta elude a sua responsabilidade como goberno galego e o único que fai e pasarlle a pelota ao goberno central en relación a tarifa electrica aínda non sendo a tarifa unha xustificación para ter parados os fornos".

Por iso piden á "Xunta que se aplique a mesma firmeza que lle pide o goberno central co estatuto electrointensivo, que a teña para facer valer as condicións concesionais das centrais hidroeléctricas para o mantemento da actividade industrial e polo tanto dos postos de traballo". E por último reiteran a petición da reunión do Conselleiro que está sin data.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios