martes. 12.11.2024
El tiempo

Coronavirus: Carnota pasa a nivel medio e o Sergas fai cribados en Carnota, Carballo e Vimianzo

FOTO VIMIANZO- Inicio cribado Vimianzo 2
Imaxe do cribado no Centro de Saúde de Vimianzo
Coronavirus: Carnota pasa a nivel medio e o Sergas fai cribados en Carnota, Carballo e Vimianzo

A semana pasada volvía a preocupaciónm á Costa da Morte ante o aumento da incidencia da pandemia. As cifras así o avalan con aumentos significativos en Concellos como Carballo, A Laracha, Carnota ou Vimianzo.

Se en Carballo onte había 37 casos activos, Carnota suma 10 trala detección dun pequeno foco nos centros de ensino. Ante esta tendencia, a Xunta anuncia hoxe que Carnota pasa a ser un dos Concellos en nivel medio dende este luns 26 de abril. Deste xeito, a hostalería carnotá só poderá abrir nin 30% en interior e nun 50% en terraza.

As boas novas mantense en Concellos como Cabana, Malpica, Ponteceso, Camariñas, Zas, Muxía ou Fisterra, onde non hai novos casos rexistrados nos últimos 14 días.

Cribados

Ademais do cribado realizado este sábado en Vimianzo (a unhas 900 persoas de entre 40 e 50 anos), o Sergas confirmou hoxe a realización de dous novos cribados nos Concellos de Carballo e Carnota.

O Centro de Saúde de Carnota acollerá entre esta tarde de luns ou a mañá do martes as pobras do cribado a todo o alumnado e o profesorado do IES de Lamas de Castelo e do CEIP Plurilingüe de Carnota.
As persoas serán citadas a través do Sergas, cos datos que consten de cada paciente na base de datos.

En Carballo, o martes comezará o cribado poboacional mediante test PCR a 5.160 veciños entre 40 e 50 anos. As probas realizaránse entre martes e xoves no Centro de Salud de Carballo. As persoas serán avisadas por SMS.

Aumenta nos Centros de Ensino

O repunte nótase tamén nos centros de ensino. Se hai apenas 2 semanas só había 1 caso en toda a comarca, os datos deste pasado venres xa reflexaban 14 positivos en 9 centros de ensino:

Concello Centro Total
Positivos
Aulas
Pechadas
A LARACHA IES Agra Leborís 5 0
A LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 2 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 2 0
CARBALLO CPR Plurilingüe Artai 2 0
CARNOTA IES Lamas de Castelo 2 1
CARNOTA CEIP Plurilingüe de Carnota 3 0
CEE IES Agra de Raíces 1 0
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 1 0
MAZARICOS CPI Plurilingüe da Picota 1 0
TOTAL 9 19 1
 

Máis novas sobre o covid

Comentarios