Martes. 19.03.2024
El tiempo

COVID: A Costa da Morte rexistra 685 casos positivos

Mapa do Covid do 22-11-2020-Fonte Xornal de Vigo
Mapa da tasa de incidencia do Covid do 22-11-2020-Fonte Xornal de Vigo.
COVID: A Costa da Morte rexistra 685 casos positivos

Comeza unha nova semana co coronavirus nas nosas vidas. Esta fin de semana o SERGAS vén de modificar a web de transparencia, cambiando o mapa de cores por un mapa cos datos por cada concello. O novo dato que nos ofrece a xunta son os “Novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días”, polo que seguimos dependendo da cantidade de PCR que se fagan en cada zona. Ofrece ademais unha aproximación da tasa de incidencia (o número de habitantes e casos rexistrados por PCR positiva), sen ofrecer datos concretos, pero que hoxe podemos ver polo miúdo no Xornal de Vigo.
Datos que reflicten que a comarca de Bergantiños, e concretamente os concellos de Malpica, Coristanco e Cabana están nunha situación moi comprometida, con tasas superiores aos 1.000 casos positivos por cada 100.000 habitantes, moi lonxe das 125 necesarias para eliminar as restricións.

Mentres que os Concellos piden máis cribados, e que haia conclusións claras dos realizados, a comarca de Bergantiños segue confinada, coa curva aínda medrando, mentres que Vimianzo parece que olla con máis optimismo a data do 4 de decembro, cando o Comité Clínico decidirá se levanta ou non as restricións.

Polo de pronto, con 9 ingresados no Hospital Virxe da Xunqueira, estes son os datos:

 Datos CoVID Costa da Morte 22-11-2020
Datos COVID na Costa da Morte do 22-11-2020

Entrevista

Máis novas do COVID

Comentarios