Martes. 19.03.2024
El tiempo

COVID: A comarca de Bergantiños segue a ter unha taxa de incidencia superior aos 800 casos por cada 100.000 habitantes

A Costa da Morte, en conxunto, ronda dos 500 casos por cada 100.000 habitantes
Datos COVID Costa da Morte taxa incidencia 23-11-2020
Datos do 23-11-2020 de incidencia do COVID na Costa da Morte
COVID: A comarca de Bergantiños segue a ter unha taxa de incidencia superior aos 800 casos por cada 100.000 habitantes
Analizamos hoxe polo miúdo os datos que ofrece o novo mapa da Xunta, que ofrece datos concello a concello sobre os novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días. Unha cifra que nos permite sacar a Taxa de Incidencia na que se basea o Comité Clínico para aplicar ou eliminar as restricións.

A cifra clave que nos permite analizar como estamos é a de 250 casos por cada 100.000 habitantes, a partir da cal a Xunta comeza a aplicar as restricións que xa sofren Vimianzo e a comarca de Bergantiños. O Comité espera baixar por debaixo dos 150 casos para eliminar as restricóns, unha cifra que queda moi lonxe da situación actual.

Agora mesmo a comarca de Bergantiños está nunha taxa de 818 novos casos por cada 100.00 habitantes, con concellos como Cabana ou Coristanco que superan os 1.300 casos. Vimianzo ronda os 440 casos (a pesar de levar xa 3 semanas de peche perimetral e da hostalería), e en total, os 19 concellos que cubrimos da Costa da Morte rondan unha media de 500 casos por cada 100.000 habitantes.

Cifras que nos obrigan a ser moi cautelosos á hora de valorar a posible reapertura das zonas confinadas do vindeiro 4 de decembro, data formulada pola Xunta para reformular a situación.

Igualmente, segue habendo, coma onte, 9 ingrensados por COVID no Hospital Virxe da Xunqueira.

Entrevista

Máis novas do COVID

Comentarios