COVID: A Costa da Morte aínda rexistrou 805 casos na última semana
- O programa de vacinación continúa a mínimos
Son 400 casos menos que a semana pasada, pero a cifra de 805 novos diagnósticos positivos na última semana dá conta de que a pandemia aínda non rematou, malia estarmos xa libre das máscaras no exterior.
A baixada de casos é clara en todos os Concellos da comarca, agás en Cabana e Vimianzo, que manteñen as mesmas cifras que a semana pasada.
Así e todo a taxa aproximada de Incidencia acumulada comarca a 14 días, a medida que usabamos hai meses e que non debía pasar dos 250 casos por cada 100.000 habitantes, segue aínda polos 1.500.
Programa de Vacinación
Mentres, segue activo o programa de vacinación do Sergas, cada vez máis a contagotas. Onte eran 50 as persoas, de respescas, citadas no Hospital de Cee. Hoxe martes son outras 50 e mañá serán 100 as chamadas as acodir ao Hospital de 15:00h a 17:00h a recibir a terceira dose.
O xoves, ás 9:00h, hai 50 respescas convocadas e a partir das 15:00h comeza a administrarse a segunda dose a 50 menores de 5 a 11 anos. O venres volve haber só 50 repescas, pola 100 do sábado e 50 de novo o domingo.
NOVAS RELACIONADAS
- 10-02-2022: As máscaras deixan de ser, dende hoxe, obrigatorias no exterior.
- 08-01-2022: COVID: Baixando de vagar.
- 01-02-2022: COVID: A Costa da Morte supera o cumio da 6ª onda.
- 25-01-2022: COVID: A curva comeza a virar.
- 18-01-2022: COVID: O número de casos volve duplicarse en Carballo na última semana.
- 12-01-22; COVID: A curva segue subindo, pero menos empinada.
- 05-01-22: COVID: As cifras, inauditas, modifican a fisionomía da curva.
- 28-12-2021: COVID: A Costa da Morte sitúase nos datos da 3ª onda, hai xusto un ano.
- 27-12-12: Cee, Mazaricos, Carballo e A Laracha suspenden parte do programa de Nadal.
- 22-12-2021: COVID: A comarca de Soneira duplica a incidencia nunha semana.
- 17-12-21: COVID: O certificado volve ser obritagorio para entrar en establecimentos dende este sábado.
- 14-12-21: COVID: Nova subida de case o 50% na última semana.