COVID: Os cribados de Ponteceso e Coristanco ratifican a nova subida de casos en toda a bisbarra
Pasou a fin de semana e a subida de casos volve ser importante. En apenas 4 días a comarca suma 77 casos máis, chegando aos 716 novos casos detectados nos últimos 14 días, unha cifra que non alcanzabamos dende o pasado mes de febreiro. A taxa de incidencia media supera os 500 casos por cada 100.000 habitante.
A subida tamén é ratificada polos resultados dos cribados realizados a pasada semana en Coristanco e Ponteceso, entre a mocidade de entre 16 e 25 anos:
En Coristanco, foron citados 257 veciños, e participaron 137 (53,3%). O número de casos positivos detectados foron 3, o que supón unha taxa de positividade do 2,18%).
En Ponteceso, eran citados 295 veciños, e acodían 180 (61,01%), sendo o número de casos positivos detectados foron 8 (o 4,44%).
Polo demais, hai casos concretos que van provocar a revisión do mapa de restricións, como é o caso da subida tremenda en Malpica, que en apenas 4 días pasa de 14 a 42 casos.
Programa semanal de vacinación
Hoxe luns non se vacina, pero o martes arrinca con 8.484 persoas en Coruña e 554 en Cee para a 1ª dose de Pfizer para as xentes de entre 20 e 29 anos, ademais de repescas, Erasmus e autocita para a mocidade. O mércores repítense as mesmas cifras, pero o xoves 12 e o sábado 14 non se vacina. O venres toca a 2ª dose de Pfizer a 9.609 persoas de 30 a 39 anos en Coruña e 459 en Cee.
MÁIS NOVAS SOBRE O COVID
- 05-08-2021: COVID: O Sergas convoca outro cribado para a mocidade, desta volta en Ponteceso.
- 05-08-21: COVID: O Sergas convoca un cribado entre a mocidade de Coristanco.
- 04-08-21: COVID: 11 concellos contarán a partir do sábado con novas restricións.
- 02-08-21: COVID: A Costa batalla a escalada da 5ª onda.
- 28-07-21: COVID: Xa son 7 os Concellos da Costa da Morte con diferentes niveis de restricións.
- 26-07-21: COVID: Queixas na comarca polo retraso na segunda dose.
- 21-07-21: COVID: Carballo, Fisterra e Vimianzo pasan a Nivel Alto; Muros ao Medio cando a Xunta implanta novas restricións.
- 19-07-21: COVID: Duplícanse os novos casos nas dúas últimas semanas.
- 16-07-21: COVID: A curva pica para arriba.
- 12-07-21: COVID: O Sergas afronta un novo cribado en Carballo pero non anuncia novas restricións.
- 12-07-21: COVID: O Sergas anuncia un cribado entre a mocidade da Laracha ante o repunte de casos na comarca de Bergantiños .
- 07-07-21: COVID: Levantan as restricións en Carnota.
- 30-06-2021: COVID: Sitúan a Carnota no nivel alto de restricións mentres que Camariñas e Malpica volven ao baixo.
- 28-06-21: COVID: Realizan un cribado tralo gromo detectado en Carnota.
- 23-06-21: COVID: Camariñas e Malpica mantéñense no nivel medio de restricións.
- 16-06.21: Camariñas e Malpica, dous dos tres concellos en nivel medio
- 05-06-21: Falece unha muller de 67 anos no HVdX.
- 03-06-2021: COVID: A Costa enteira queda sen restricións mentres avanza a vacinación.
- 01-06-21: COVID: Falece unha muller de 94 anos no HVdX