Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Deputación aporta case 200.000€ para 5 entidades de xestión turística da Costa da Morte

Xose Regueira Deputado de Ruismo
Xose Regueira
A Deputación aporta case 200.000€ para 5 entidades de xestión turística da Costa da Morte

Co Foro de Turismo da Deputación da Coruña, e mais o Foro do Camiño dos Faros en marcha, parece un momento ideal para formular o futuro do sector.

E ben recibidas son as axudas que vén de anunciar a Deputación da Coruña, aos entes de xestión turística. Unha quinta parte do millón de euros que a entidade provincial dedica aos entes son para asociacións da Costa da Morte. 200.000€ que servirán para a consolidación das súas estruturas administrativas e as actividades que desenvolven ao longo do ano, encamiñadas neste caso a contribuír a superar a crise provocada pola COVID19.

"Nesta edición decidimos apostar unha vez máis e con decisión polo traballo que desenvolven os entes de xestión porque temos o convencemento que serán pezas claves para coordinar a recuperación dun sector que está a atravesar unha crise histórica", sinala o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira.

ASOC. PROFESIONAL DE EMPRESARIOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO A FISTERRA-MUXIA SOLPOR

47.837,80€

ASOCIACION EMPRESARIOS E DE PROMOCION TURISTICA CAMARIÑAS

46.072,00€

ASOCIACION RURAL DE DESENVOLVEMENTO DA RIA DE MUROS-NOIA

41.600,00€

ASOCIACION SOCIO-CULTURAL AUGA E SAL (Muros)

26.876,12€

COSTA DA MORTE ASOCIACION TURISTICA C.M.A.T.

36.000,00€

Empresas e concellos, novos protagonistas do Foro

Dúas novas xornadas no programa do Foro Turismo Covid 19.

Este xoves, os concellos serán os protagonistas do encontro arredor da situación turística cunha xornada que comezará ás 18 horas e na que a axente de Desenvolvemento Local do Concello de Vimianzo, Rosa Sánchez; a técnica de turismo do Concello de Betanzos, Elena Carro; a técnica de turismo no concello de Dumbria, Ada González; o técnico de turismo do Concello de Vimianzo, Ángel Arcay,; o consultor, docente e técnico de Turismo no Concello de Noia, Ignacio Fernández Dosil; a técnica de turismo do concello de Carballo, Maite Parga e o ex director xeral de Política Turística do Ministerio de Transportes e concelleiro de Turismo de Santiago de Compostela, Francisco Candela.

O luns 4 de maio ás 11 horas terá lugar o primeiro dos debates co mundo empresarial do turismo que, polo interese mostrado polo propio sector, terá continuidade o xoves día 7 de maio. Na primeira das sesións, intervirán o xestor de activos hoteleiros, Jesús Rodríguez, a representante de Proturga, Fátima Cachafeiro, o vicepresidente de Aviturga, Rafael Serrano Hernández, a directora de Trevisani, Ana G. Trevisani e o Presidente da Asociación de Empresarios costa da Morte, Pablo Canosa. En todos os debates participará o vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira e serán moderados polo profesional da comunicación e empresario do sector, Pepe Formoso.

Novas relacionadas

Comentarios