Muxía celebra a súa homenaxe aos Voluntarios 10 anos despois

- Última hora: Queda suspendida a Limpeza da ría polo estado do mar. Aprázase ata o 1 de decembro.
Décimo Aniversario do Prestige, e o Concello de Muxía non quere pasar sen render homenaxe a todos os que cambiaron de cor as nosas praias. O Concello prantexa esta "Homenaxe aos voluntarios. X Aniversario Prestige", con numerosas actividades, charlas, en colaboración coa Confraría de Muxía e a entidade Asoar-Armega.
Moi interesante pois a colaboración co concello muxián de xentes tan importantes naqueles momentos de crise, como o xerente do pósito, Nacho Castro co que falabamos nas Bondades da fala, ou o presidente da Asoar, Luís Rodríguez, que tanto fai a nivel europeo pola pesca artesanal.
Así, este sábado 24 de novembro, as actividades irán dende unha Xornada de Limpeza da ría, uns obradoiros para nenos de sostibilidade no mar, pasando pola proxección de Isabel Coixet, ademais de diferentes charlas e un fantástico Festival de música tradicional.
Programa do "Homenaxe aos voluntarios. X Aniversario Prestige"

Sábado, 24 de novembro
- 12:00 horas: Limpeza da ría a cargo de ASOAR-ARMEGA, con obradoiros para nenos/as, na zona portuaria.
- 18:00 horas, no Salón de Actos do Voluntariado: Proxección do documental Marea Blanca de Isabel Coixet;
- 19:00h: Charla-Coloquio coa participación de: Félix Porto (Alcalde de Muxía), José Luís Rodriguez (presidente de ARMEGA), Javier Sar (expatrón maior de Muxía), Daniel Castro (actual Patrón Maior) e Nacho Castro (xerente da lonxa de Muxía e un dos protagonistas do documental).
- 22:00 horas, no Paseo Marítimo: Festival a cargo de:
Banda de Gaitas Raigañas;
- Pandereteiras de Muxía;
- Xaramiños do Corpiño;
- Manolo Delfín.
Os voluntarios que cambiaron a Costa
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Sole Méndez.
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Isaac.
- Pepita, a primeira voluntaria do Prestige.
Seguemento especial do Xuízo do Prestige
- 15-11-12: Mangouras considera que o mercante debeu ser levado á “ensenada de Corcubión” para trasegar alí a carga.
- 15-11-12: O Xuízo Prestige ao minuto: Mangouras asegura que había que fondealo barco.
- 13-11-12: Magouras: “Leváronnos nun féretro flotante a afogar”.
- 13-11-12: Mangouras declarando 10 anos despois.
- 19-10-12: Entrevista a Pedro Trepat Silva, avogado da Plataforma Nunca máis no Xuízo pola traxedia do “Prestige”.
- 18-10-12: Xuízo do Prestige, Día 2.
- 17-10-12: Xuizo do Prestige, Día 1: Os acusados.
- 16-02-12: QPC fará un seguemento especial do Xuizo do Prestige.
Novas relacionadas
- Un libro sobre o cambio social de Galicia que supuxo a marea negra.
- Unha marea negra de papaventos invadirá a Costa da Morte.
- O Xuizo do Prestige existe e ten data.
- Un plan de protección ambiental para a costa pero sen a costa.
- Limpando os grans de area.
- “Hoxe, limpamos outro Prestige”.
- Onde quedaron as axudas do Prestige?.
- Tempo de ir ás crebas: Chapapote no Rostro.
- Lorena Martínez: As cifras do Prestige.
Máis novas
- Unha documental de Isabel Coixet con acento da Costa pola Marea Blanca.
- As Bodandes da Fala: Entrevista con Nacho Castro: "Sen os voluntarios…, morremos”.
- Lorena Martínez: Man de Camelle.
- Retrato a tamaño natural.
- O Faro Fisterra ilumínase para dar as gracias aos Voluntarios.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).