Luns. 22.07.2019
El tiempo

O mutismo de Ferroatlántica segue encendendo ao Comité

Imaxe dunha concentración ás portas da fábrica de Ferroatlántica de Brens
Imaxe dunha concentración ás portas da fábrica de Ferroatlántica de Brens
O mutismo de Ferroatlántica segue encendendo ao Comité

Hai case dúas semanas que parece silenciado o conflito Ferroatlántica. Pero a realidade é que o tempo corre, e a incertidume segue medrando entre os traballadores que non saben aínda como lles vai afectar o ERTE porque non hai un calendario fixado pola empresa.

Por iso, dende a CGT, un dos sindicatos do Comité de Empresa, para que non enfríe o tema, quere lamentar o “mutismo como resposta da empresa”. Un silencio que “nos ven a confirmar que non queren cambiar a súa postura de agravio cara o noso centro respecto o de Boo”, a fábrica de Santander que xa produce ao 100%.

Este martes os traballadores do Comité tiveron unha reunión para tomar as medidas de presión necesarias xa que, en maio, é a próxima subasta de Interrumpibilidade e a empresa tenlle que quedar claro que non os traballadores non lle van permitir que “os fornos de Manganeso costeiros sigan parados e os de Boo estean en marcha”.

Falaron tamén de manter unha nova reunión a final de mes no seo do Comité para controlado a aceptación do persoal dos calendarios que se vaian presentando do ERTE. “Agora ou nunca, defendamos o futuro do centro de traballo con uñas e dentes pois o que ocurra este mes e o seguinte deparará o futuro dos nosos postos de traballo”, sinala con afouteza Juan Villar.

Asemblea e próximas accións

Así, este xoves 28, ás 10:30h en Cee e 12:00 en Dumbría, terán lugar as asembleas cos traballadores, nas que se aprobarán, co seu beneplácito, as vindeiras actuacións de presión que se van tomar de aquí en diante para intentar forzar á empresa a que reactive os fornos no mes de xuño.

Dende o Comité sinalan que as anunciarán cando as aproben os traballadores pero avanzan que van ser accións vistosas, e que non vai influír nos traballadores, é dicir, que non van ser folgas.

Reunión co Conselleiro

Todo o acordado será trasladado ao Conselleiro de Industria na reunión que teñen perfilada para este próximo sábado 30 de marzo na casa de cultura de Cee. "Non se pode permitir que tanto a empresa nos estea tomando por tontos tanto aos traballadores/as do noso centro de traballo, coma a Xunta", explica.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios