Novas negociacións, concentracións e denuncias tensan aínda máis o conflito Ferroatlántica
Días de gran movemento arredor do conflito laboral de Ferroatlántica, despois de coñecerse que na fábrica de Cantabria si se reactivan todos os fornos.
Este venres 1 de marzo ponse en marcha o ERTE que a representación galega non asinou en Madrid. Non asinou, entre outras cousas, porque a CIG non considera legal que a mesa de negociaciación non se realizase en Centro de Traballo. E precisamente ese é un dos argumentos que esta mañá tres membros da CIG Costa da Morte (Alfonso Mouzo, Pedro Pérez e o secretario xeral Paulo Carril) xunto con dous representantes de Sabón, trasladaron á Inspección de Traballo.
Os representantes trasladaron á Inspección toda a argumentación ante unha Inspección que ten que valorar se houbo algún tipo de irregularidade ou fraude. Terá que facer un informe o Ministerio de Traballo, que en todo caso, trala reforma laboral do PP, non será vinculante para impedir o ERTE. O que si que pode modificar certas cousas do ERTE, e si poderá abrir o procedemento xuducial que pode levar acabo a CIG.
Quedarán xa en Madrid, pois este venres 1 de marzo o Comité reuniranse co Director Xeral de Industria do goberno estatal, trala negociación do PSdG de Cee. Unha Dirección Xeral que seguramente informarán de estar traballando no estatuto electrointensivo, que intentarán sacar antes das eleccions do 26 de abril.
Nova concentración por unha Tarifa Eléctrica
Este venres 1 de marzo continúa o calendario de mobilizacións da CIG (activo dende 2014) por unha “Tarifa Eléctrica Galega Xa para a industria electrointensiva, e en defensa do emprego”. A cita, ás 12:00h diante da fábrica de Brens.
Denuncia de Unión Cidadá
Ao lío métese de cheo Unión Cidadá Galega. O grupo de Víctor Somoza vén de presentar un escrito de denuncia ante Augas de Galicia contra a empresa Ferroatlantica por entender que non está a cumprir os requisitos da concesión da explotación das centrais hidroeléctricas do Xallas. Somoza, toma un dos argumentos da negociación, e faise valer da sentenza de decembro de 2017 na que Augas de Galicia confirmaba a vinculación entre a explotación hidroeléctrica e a viabilidade das fábricas de Cee e Dumbría, impedindo a venda das centrais, para denunciar que está tendo lugar “un fraude de lei, unha causa simulandi, é dicir, unha apariencia de cumprimento dos requisitos e condicións as que están obrigados pola transferencia da concesión, ausencia de boa fe contractual e demais requisitos legais que producen a presunta invalidez e nulidade da concesión“.
Por tanto, solicitan a “rescisión e rescate da concesión e se cree mediante os instrumentos xuridicos existentes unha entidade publica composta pola Xunta de Galicia e Concellos implicados para xestionar os recursos hidroelectricos e vinculados coas ferroaleacións e así volver a ter un funcionamento total de todos os fornos e as fábricas coas conseguintes recontratacións e ter o maior numero de traballadores nas fábricas de Cee e Dumbria e lograr a reinversión dos beneficios na comarca da Costa da Morte para reinduatrializala”.
Novas do co conflito #Ferroatlántica
- 26-02-19: “Non asinamos o acordo pero conseguimos frear a versión máis dura do ERTE”.
- 25-02-19: O Director Xeral de Industria recibirá ao Comité de Ferroatlántica.
- 22-02-19: A dirección de Ferroatlántica non só se nega a arrincar os fornos, senón que se formula ampliar o ERTE.
- 22-02-19: O Conselleiro confirma que se Ferroatlántica para outro forno rescatará a concesión das centrais.
- 20-02-19: A CIG esíxelle a Ferroatlántica a reactivación dos fornos para continuar negociando.
- 15-02-19: O Comité de Ferroatlántica comeza a unirse ante o perigo do ERE.
- Febreiro 2019: O ERTE de Ferroatlántica poderá afectar a máis do 50% dos traballadores costeiros.
- Febreiro 2019: Os traballadores de Ferroatlántica enfróntanse ao ERTE co Comité absolutamente quebrado.
- 06-02-19: Os grupos parlamentarios lembran a blindaxe dos postos de Ferroatlántica á concesión hidroeléctrica.
- 05-02-19: “O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade”:
- 28-01-19: Ferroatlántica divide ao pleno de Cee.
- Xaneiro 19: En Marea esixe a Xunta que faga cumprir a concesión a Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss.
- Xaneiro 19: O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica:
- Xaneiro 19:O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña.
- Xaneiro 19: “O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa”.
- Xaneiro 19: O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: “Fornos apagados, todos parados”.
- Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica.
- Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica.
- Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social.
- Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica.
- Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección.
- Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica.
- Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado “Acordo Marco”.
- Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables.
- Novembro 17: “A gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica:
- 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria.
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas