Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Orde do día incompleta no pleno de Coristanco

Orde do día incompleta no pleno de Coristanco
Imaxe dun Pleno en Coristanco

Segue o proceso xudicial no Concello de Coristanco intercedendo na vida política municipal, como non podía ser doutro xeito. Onte era TeGa o que anunciaba que se vai persoarno Xulgado. Hoxe tócalle ao BNG alzar a voz para denunciar que o pleno do mércores está coxo. I é que na orde do día non hai ningún punto que fale do proceso xudicial.

Lamenta así o BNG a “falta de transparencia”, pois entende que, “despois de tantas horas nos xulgados, a orde do día do pleno debía incluír un punto principal para informar sobre todo o acontecido en sede xudicial”. Cabe lembrar que o alcalde se comprometeu a dar todas as explicacións, e dende o BNG cren que “debe facelo nunha sesión plenaria, que é aberta ao público (a pesar das horas), para xeral coñecemento, e que a veciñanza de Coristanco ten dereito a saber que acontece nos xulgados de Carballo, pois as súas imputacións non obedecen a un xuízo como simples veciños e veciñas, senón como membros do goberno do noso concello”.

Conscientes de que “a xustiza ten os seus ritmos, e as sentezas xudiciais serán as que sexan”, o BNG entende que “hai unhas responsabilidades políticas que se deben dirimir nos organismos municipais, e é neste apartado onde o Partido Popular debería afrontar as súas responsabilidades e presentar a súa demisión: a imaxe do Concello de Coristanco, a falta de xestión e o feito de que o noso concello só apareza nos medios polas súas interminábeis visitas aos xulgados de Carballo obrigan, por ética, a Pensado Plágaro e o seu equipo a demitir de forma urxente.

Ademais, o BNG denuncia que o horario segue a ser “incómodo” e non poderá acodir á cita por eso piden que “o alcalde de Coristanco convoque á maior brevidade unha xuntanza do pleno da corporación, a unha hora máis acaída e con este tema como único punto na orde do día, para dar as oportunas explicacións sobre os procesos xudiciais en marcha e que tanto lixan o nome do noso concello”.

Máis información

Novas de Coristanco

Fonte

Comentarios