Martes. 07.05.2024
El tiempo

Os veciños de Coristanco esixen a saída da Autovía

Os veciños de Coristanco esixen a saída da Autovía
Trazado inicial da Autovia

Enteirábamonos a semana pasada que a Xuna decidira eliminar dúas saídas do proxecto inicial da Autovía. Unha decisión da que os veciños se tiveron que enteirar pola prensa. Pero por Coristanco xa están en marcha, e as asociacións veciñais de Valenza e Cereo, xa enviaron sendos escritos á Consellería de Medio Ambiente Territorio e infraestruturas, ao Concello de Coristanco e ao Valedor Do Pobo, esixindo que se respete o proxecto inicial da autovía Carballo-Berdoias e non se suprima o acceso en San Paio (Coristanco).

Consideran que “non é de recibo que nun principio nos expropien os terreos prometéndonos aos veciños accesos e que logo decidan que nos quedemos sin servizo nas parroquias de Cereo, Valenza, Castro, Verdes, Rececinde, San paio, Xornes, etc.”

Por iso as A.VV. de Cereo e a A.V.V.C.D. Lourido solicitan que “o Concello de Coristanco e o seu Excmo. Sr. Alcalde realicen as correspondentes alegacións ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, onde se rexeite de xeito contundente a modificación do proxecto e non se elimine o acceso en S. Paio.”
Piden ademais que “a Consellería e o súa Excma. Sr. Conselleira rexeiten de xeito contundente a modificación do proxecto orixinal e non se elimine o acceso á autovía en S. Paio. Dando de ese modo servizo aos veciños que cederon os terreos”.
E finalmente, solicitan que “o Valedor do Pobo supervise o citado proxecto para que se execute da maneira no que foi comprometido nun inicio, rexeitando de xeito contundente a modificación do proxecto orixinal, e que non se elimine o acceso á autovía en S. Paio. Dando de ese modo servizo aos veciños que cederon os terreos”.


Novas da Autovía

Fonte

Comentarios