mércores. 04.12.2024
El tiempo

Os Voluntarios seguen a limpar as praia da Costa da Morte

Os Voluntarios seguen a limpar as praia da Costa da Morte

A Costa da Morte coida do seu patrimonio natural e faino a través do voluntariado. Un grupo de voluntarios da Marea Blanca, membros da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia e outros veciños da bisbarra está a organizar xornadas medioambientais que xiran ó redor de rutas de sendeirismo e limpezas medioambientais de praias ou boleiras.

O vindeiro sábado 7 de xullo, como xa teñen feito nas últimas semanas, a partir das 12:00h, hai unha nova e aberta xornada para descubrir algúns dos espazos máis fermosos da Costa da Morte. A actividade a realizar dependerá da metereoloxía e dos intereses que teña a maioría de inscritos. As persoas interesadas poderán escoller entre facer unha ruta dende Cabo Vilán ata á Duna de Trece, facer un roteiro polo máxico Monte Pindo ou aportar o seu gran de area, contribuído coa limpeza de un areal o unhas boleiras próximas ao punto de encontro.

Para realizar as inscricións teñen que chamar a Sven (voluntario da Marea Blanca): 629 887 300.
As inscricións son gratuístas.

Novas relacionadas

Máis novas

  • 135 alumnos recollen máis de 500 quilos de lixo dos areais da Costa da Morte.
  • Os veciños do Pindo fan de voluntarios e tamén limpan a praia.
  • Os surfistas limpan as praias que os concellos non coidan .
  • Os voluntarios que cambiaron a Costa

    Fonte

    Comentarios