Os portos das rías de Corcubión e Corme e Laxe quedan dende hoxe sen práctico
- A CIG e o BNG piden esponsabilidades políticas pola desaparición do servizo de practicaxe na Costa da Morte
Nada fai a Xunta por solventalo, despois de reducir a metade os custes da licitación, feito clave para que quedase deserta, provocando ademais o despedimento do equipo de traballadores/as (conformado por nove persoas: patrón, mariñeiros e amarradores).
Para a CIG e o BNG, trátase dunha “actuación irresponsábel da Xunta de Galiza que deixa sen servizo de práctico aos portos de Cee, Corcubión, Corme e Laxe, comprometendo a seguridade marítima de toda a Costa da Morte e a continuidade dos empregos nas fábricas de ferroaliaxes de Cee e Dumbría”.
Por iso, estudan novas mobilizacións, como as protagonizadas polos traballadores de XEAL as pasadas semanas.
Proceso estancado
Despois de que a Xunta non corrixise o défitic de custes (rebaixou o orzamento nun 50%) durante o actual proceso, e a continuas demandas da CIG, non hai data dunha nova licitación, pero que en todo caso aínda tardará meses en resolverse.
Lembran ademais que non poderían mandar outros pilotos ás rías, pois para iso necesitan unha habilitación especial por zona que só se consegue tras 6 meses de práctica.
Novas relacionadas
- Novembro 22: Os traballadores de XEAL tamén se manifestan ante a supresión do servizo de practicaxe nos portos da ría..
- Outubro 22: Vinculan o desmantelamento das fábricas de Cee e Dumbría coa falta de práctico no porto de Brens.
- Setembro 22: A Xunta volve abrir unha convocatoria para o práctico portuario sen atender ás demandas da Costa da Morte
- Xullo 22: Os portos do Corredor de Fisterra poderían quedar sen servizo de practicaxe.
- Xuño 22: Piden a revisión do prego de condicións para cubrir a praza do práctico dos portos da Costa da Morte.
- Maio 22: O “práctico” dos portos, un posible novo recorte da Xunta.
- Maio 22: “As cotas do abadexo son un paso máis para desguazar a pouca frota que queda de pesca artesanal”.
- Marzo 22: O BNG denuncia un novo recorte nos servizos do ISM.