Raciño volve ao Gran Sol
09:42 18/03/14
Que fermosas son estas historias que nos trae a Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariño CEMMA. Coma se fose Salvacadelos, recuperan os cetáceos que varan nas nosas praias (case 200 dende comezos de ano) e aproveitan para facer unha labor de difusión social moi importante.
Hoxe toca falar de Raciño, ese pequeno león mariño que aparecía na praia de Razo no temporal do 8 de xaneiro. Agora, con 6 meses e tras 2 de recuperación no centro, está preparado para volver á vida real. Pasou de de 19 a 37 quilos, o ollo xa o ten perfectamente san, polo que volve ao seu medio natural no Gran Sol, no sur de Irlanda.
Alí embarcou, nun arrastreiro de Nigrán con dous días de viaxe por diante antes de ser liberado.
Gran espectación
Novas relacionadas
- 03-02-14: O lobo mariño Raciño recupérase do temporal.
- Exemplos prácticos do ben que funciona Salvacadelos.
- Os temporais achegan baleas, lobos mariños e arroaces ás nosas costas.
- O mar de fondo deixou estampas impresionantes na Costa da Morte.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Crónica dun ataque mortal dun tiburón en Fisterra.
- O proceso para despezar a balea enferma de 26 toneladas que varou en Muros.
- O proceso para despezar a balea enferma de 26 toneladas que varou en Muros.
- Unha balea de 20 metros varada en Muros.
- O tiburón momo peregrina de novo ata Fisterra.
- A tartaruga fisterrá Parda volve ao mar.
- Novas visitas de golfiños, vivos e mortos, por Carnota, Fisterra e Muros.
- Unha Quenlla peregrina ata a Langosteira.
- A foca Nariga volve ao Gran Sol.
- Muros, cemiterio de animais exóticos.
- Unha balea apesta Muros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).