Solpor pechou unha completa presencia turística en FITUR asinando acordos con México

A completa e variada presencia da Costa da Morte na FITUR, completábase coa presencia da Asociación Solpor. A patronal do Camiño a Fisterra-Muxía (que conta con 120 socios) tivo tres completos días de reunións, e puido volver xa con varios acordos con touroperadores de México.
Ademais, a entidade participou na presentación no stand da Xunta organizada pola CMAT, baixo o paraugas do Cluster de Turismo. Foi o seu presidente Jesus Picallo o que fixo de voceiro de Solpor, agradecendo a colaboración das entidades colaboradoras e dando paso ao vídeo promocional.
Un vídeo no que un avó lle conta aos seus netos a maxia do Camiño, destacando que foi unha das mellores experiencias que viviu na súa xuventude. Unha reportaxe na que se pon en valor o patrimonio cultural e natural de toda a comarca.
Este é o vídeo, que seguro que dá que falar en moitas outras feiras.
Novas deste ano na FITUR
- A CMAT en FITUR: “Confiamos en que 2022 sexa un ano espléndido para o turismo da Costa da Morte”.
- A Costa da Morte bombardea FITUR.
- O CMAT propón tres cursos de formación para desempregados para mellorar a calidade do sector turístico.
- Cee leva a súa historia e o seu ano Xubilar e Fitur.
- Camariñas leva á súa natureza e a Mostra do Encaixe á Fitur.
- “Vimianzo, a pé de ti”, a campaña vimiancesa en Fitur.
- Santa Comba exporta as súas 4 rutas de sendeirismo en Fitur.
- Mazaricos liga a súa estratexia ao "turismo de natureza, verde e sostible”.