As traballadoras do Consorcio volverán á folga en setembro se non se paraliza a OPE
Continúan as mobilizacións das traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar (dos Centros de Día e as Escoliñas Galiña Azul) para afianzar os seus postos de traballo, tras máis de 10 anos en interinidade por culpa da Xunta. A mesma que agora pensa facer unha Oferta Pública de Emprego (OPE) para regularizar eses postos de traballo que mantivo en clave temporal de xeito irresponsable.
O sindicato CNT vén de convocar a nova folga para comezar á volta verán. Terá que agardar ao 6 de setembro para comezar a nova folga, coa esperanza de poder sentarse a negociar e poder suspendela antes de comezar.
Todo esperando paralizar a OPE, á espera do "Icetazo" e ás resolucións xudiciais individuais das demandas interpostas ao respecto.
”Vai ser moi duro, se esto non é así, tanto para nos, como para as persoas e familias ás que atendemos, por iso esperamos ser escoitados debidamente”, explica Lorena Alvite, unha das traballadoras muradás, que lembra que recentemente douse un paso adiante, por parte da Xunta, co borrador da RPT, paso previo indispensable para convocar a oposición, o que de novo, nos demostra a intención, e non nos deixa outra opción máis que esta”.
NOVAS RELACIONADAS
- Xuño 21: O TSXG emite unha sentenza sinalando que a Xunta incorre en fraude cos interinos de longa duración.
- 11-05-21: O Consorcio IeB segue sen negociar a pesar das sentenzas que determinan a fixeza de moitas traballadoras.
- 13-04-21: As traballadoras do Consorcio levan as súas demandas laborais ao Parlamento Galego noutra xornada de folga.
- 18-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga e refrendan o apoio da veciñanza.
- 04-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga.
- 25-02-2021: Usuari@s dos Centros de Día e as Escolas Infantís amosan o seu apoio á folga das traballadoras.
- 19-02-2021: As traballadoras temporais do Consorcio valoran moi positivamente a folga a pesar dos servizos mínimos abusivos.
- Ducias de profesionais dos Centros de Día e Escoliñas da comarca póñense en folga.