Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un fin de semana de protesta mineira en Corcoesto

Un fin de semana de protesta mineira en Corcoesto
Beiras e AGE visitaron a zona de Corcoesto

Completa fin de semana arredor da Mina de Corcoesto. Un par de visitas políticas e unha reunión de veciños e afectados coparon a zona cabanesa convertindo o proxecto mineiro a ceo aberto no centro do debate.

A mañá do sábado o voceiro do Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda AGE, Xosé Manuel Beiras, emailos os deputados Xabier Ron e Antón Sánchez, visitaron Corcoesto da man dos representantes da Plataforma pola Defensa de Corcoesto.
O Grupo Parlamentar denunciou unha vez máis a actitude da Xunta que aseguran "é un intento de estafa e extorsión aos veciños do que o Goberno galego é cómplice pasivo”. O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda considera moi grave que "a Xunta tolere que unha sociedade de capital estranxeiro practique a extorsión e a chantaxe a través de cartas intimidatorias intolerables que está a enviar as veciños".

Para AGE, “o proxecto mineiro de Corcoesto é máis propio de antigos modelos de desenvolvemento do terceiro mundo, da época colonial, polo seu impacto ambiental, polo saqueo dos nosos recursos naturais e pola súa insostibilidade”.

Reunión en Corcoesto

Numerosos veciños encheron o local social de Corcoesto

Para o domingo tocaba reunión, e os veciños respostaron cun cheo absoluto no Local Social. I é que a xente parece que aínda necesita moita información. Precisamente para outorgar información, e na mesma liña que nos contaba a avogada Ana Varela, falou Alba Nogueira, que orientou á veciñanza respecto dos aspectos xurídicos do proxecto, despois de repasar as cifras da mina.

Algunhas persoas presentes fixeron fincapé nas múltiples irregularidades que aparecen tanto no proxecto como na DIA publicada hai uns días. Alba Nogueira insistiu na importancia de tratar de evitar que sexa declarado proxecto estratéxico, polas repercusións que iso tería para a súa tramitación.

Na reunión tamén quixo estar presente o BNG, da man de Carme Adán. O BNG considera unha “chapuza” o informe elaborado pola Consellería de Medio Ambiente, e asegura que "os afectados denunciaron que a empresa canadiana concesionaria da mina “falseou datos” ao fin de acadar un informe de impacto ambiental favorable".

Alba Nogueira durante a reunion en Corcoesto

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa de ADEGA, da Plataforma Salvemos Cabana e da Plataforma en Defensa de Corcoesto.

Comentarios