Víctor Mosqueira, Dani Trillo e Martina Cambeiro, finalistas dos María Casares
- O espectáculo infantil Wombo Combo, creado no marco do FIOT, completa o elenco costeiro

Os 3 finalistas da Costa da Morte que teremos o vindeiro 30 de marzo no Teatro Rosalía na gala dos XXVII Premios de Teatro María Casares, xa saben o que é levar o meirande premio da escena galega para casa.
O actor cormelán Víctor Mosqueira, con 30 anos de historia enriba dos escenarios con Mofa e Befa, xa leva sumando premios dende 1998, sendo o último o de 2018 por “A cabeza do Dragón”, de producións Teatrais Excéntricas.
A ceense Martina Cambeiro, especialista en vestiario e maquillaxe, vén de gañar en 2020 por “Vida de Cans”, de Talía Teatro, e en 2019 por “O servidor de dous amos”, tamén coa compañía costeira.
E o escenógrafo ceense Dani Trillo xa gañou o ano pasado por “Cigarreiras”, con Contraproducións e Teatre Romea, ademais do premio de 2017 por “Foucellas”, da súa compañía Talía Teatro.
Este ano os tres estarán na finalísima, como membros dalgunhas das producións máis nominadas:

Víctor Mosqueira está nominado a Actor Protagonista por “O porco de pé”, de Producións Teatráis Excéntricas, que ademais leva outras 5 finalistas): espectáculo, adaptación-tradución (Quico Cadaval e Pepe Sendón), actriz protagonista (Patricia Vázquez), actor secundario (Evaristo Calvo) e vestiario (Carlos Alonso).

Pola súa parte, Dani Trillo e Martina Cambeiro serán finalistas (o primeiro categoría de espazo escénico e a segunda polo vestiario) por “A Peste”, do Centro Dramático Galego, que tamén acodirán á finalísima pola adaptación-tradución (Cándido Pazó), e cunha candidata á actriz secundaria (María Roja).
Ademais, completa a participación costeira o espectáculo Wombo Combo, de Galeatro, creado ao amparo do FIOT, como candidato a Mellor Espectáculo Infantil.

Podedes ver a lista completa de finalistas das 15 espectáculos nominados en aaag.gal/mariacasares.
Crónicas do María Casares
- María Casares 22: Talía Teatro volve con premio dos María Casares.
- María Casares 2020: Martina Cambeiro, de Talía Teatro, repite Premio María Casares.
- María Casares 2019: Os Premios María Casares traen tres galardóns para a Costa da man de Talía Teatro.
- María Casares 2018: Talía Teatro lembrou os 40 anos do teatro profesional na Gala dos XXII Premios de Teatro María Casares.
- María Casares 2017: Acento costeiro nos Premios María Casares do teatro galego.
- María Casares 2015: Xurxo Borrazás celebrou o Día do Teatro nos Premios María Casares.
- MaríaCasares 2014: Os MaríaCasares convertíronse nun furancho por Pico.
- María Casares 2013: Os mellores actores de Galicia son da Costa.
- María Casares 2012: Talía Teatro e Vicente de Souza traen dous novos premios á Costa duns María Casares máis reivindicativos ca nunca.