Sábado. 02.11.2024
El tiempo

Volve a #AxendaCostadaMorte chea de actividade

Este venres Concerto de Terbutalina en Carballo
Este venres Terbutalina toca en Carballo no marco da Celebración do Día dos Medios en Galego
Volve a #AxendaCostadaMorte chea de actividade

Levabamos dende comezo de ano sen gran actividade na #AxendaCostadaMorte, pero parece que o mes de febreiro vén cargado de actividades. Así, hoxe venres volvemos traer o repaso para a fin de semana, cunha ducia de eventos singulares actualizados en www.axendacostadamorte.com.
Música, lingua, poesía, fotografía, pintura, andaina, teatro, patrimonio… O que queiras!

Día dos Medios en Galego con Avelino González e Terbutalina

É a celebración do Día dos Medios en Galego unha das citas máis singulares. O venres, a partir das 20:30h no Casino 1889 de Carballo, Lupe Blanco presenta en clave de regueifa, contará unha historia sobre os medios Avelino González, e pechará, despois dos petiscos, a banda de Esteiro Terbutalina.

Permacultura e sesión vermú no Caisno

O Casino carballés acolle tamén, o sábado pola tarde, a presentación dun libro de Permacultura, e unha singular sesión vermú dominical con Silvia Penide e Daniel Cros.

Volven as Festas

Por Malpica, volven as verbenas coas Festas de Santirso e San Blas, durante o sábado e o domingo.

Inauguracións de mostras

Son varias as inauguracións desta fin de semana:

Un sábado de patrimonio en Cabana

Completa sesión na mañá do sábado arredor do patrimonio coa Ruta Arqueolóxica de Interese Cultural por Dombate e o Castro de Borneiro.

Müsica e patrimonio sonoro

Singular a proposta de Agolada Crea, cun Parladoiro e concerto arredor do Efecto Badalada, un proxecto que trata de recuperar o patrimonio sonoro do Camiño. Neste caso as protagonistas son as palilleiras de Muxía. A cita o sábado pola mañá.

Teatro, poesía e música para pechar o sábado

Se andas pola comarca de Fisterra, a mellor opción para a tarde do sábado é a obra O Montacargas, con Santi Romay e Federico Pérez.

Á mesma hora terá lugar a presentación Presentación no NºCero da revista NPG GaZeta no Rock Corner Bar, en Cee.

E se rematas a noite sabatina pola comarca de Soneira, non dubides en achegarte ao concerto de Versionettes do Celme Café. Non pararás de cantar míticas.

Unha andaina para pechar a fin de semana

E para limpar os excesos, que mellor que unha Andaina por Malpica co colectivo Salitre. Cómpre inscribirse en [email protected].

 

Todas as citas en www.axendacostadamorte.com

Comentarios