A Xunta activa o peche permitral e da hostalería de 6 concellos de Bergantiños
Como l A le trasladara na reunión de onte cos alcaldes/as, a Xunta vén de confirmar o peche perimetral da comarca de Bergantiños, do que só salva o Concello da Laracha. Deste xeito, actívanse as restricións (que xa sofre Vimianzo dende hai dúas semanas) nos Concellos de Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe.
Todos, agás Laxe, están en nivel vermello de alerta sanitaria, con cifras como os 154 casos en Carballo (28 máis que onte), os 71 de Malpica (3 máis ca onte) ou os 53 de Ponteceso.
Deste xeito os habitantes destes 6 concellos sufrirán o peche perimetral, polo que non poderán saír da comarca nin pasar pola Laracha, agás para casos laborais ou sanitarios.
Ademais, terá que pechar a hostalería de todos estes concellos, mantendo só o servizo a domicilio; e só se poden manter reunións de convivintes.
O peche farase efectivo a partir desta media noite, segundo as medidas publicadas no DOG, e a duración estimada é de 4 semanas.
CIFRAS
O mapa de cores de hoxe, despois de comprobar que hai 99 casos activos e 10 aulas pechadas nos Centros de Ensino da comarca, quedan do seguinte xeiro:
- Nivel 3 (máis de 21 casos positivos por confirmados por PCR na última semana): Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Cabana e Vimianzo.
- Nivel 2 (entre 14 e 21 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Laxe, Santa Comba, Camariña e Cee.
- Nivel 2 (entre 7 e 14 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Mazaricos, Muros, Dumbría e A Laracha.
Ademais, temos 11 ingresados no Hospital Virxe da Xunqueira, 1 menos ca onte.
Entrevista
Máis novas do COVID
- 13-11-2020: COVID nos Centros de Ensino: 99 casos activos e 10 aulas pechadas.
- 12-11-2020: A Xunta avisa do “máis que probable” peche da actividade non esencial nos 5 concellos en Nivel 3 da comarca Bergantiños.
- 12-11-2020: COVID: Dumbría ponse en cor amarelo; Cee e Santa Comba saen do nivel vermello-
- 11-11-2020: O Sergas realizará este sábado un cribado masivo en Malpica .
- 10-11-2020: COVID: Coristanco ponse en vermello.
- 09-11-2020: COVID: 7 Concellos en Alerta Vermella (Cee únese á lista) e 19 ingresados no HVdX.
- 08-11-2020: COVID: 6 concellos en alerta vermella.
- 06-11-2020: COVID: Cabana tamén en nivel 3, e só 5 concellos sen alerta COVID.
- 05-11-2020: COVID: Carballo, Malpica e Vimianzo, en Nivel 3, quéixanse da desinformación. Santa Comba entre Nivel 2 e 3.
- 04-05-2020: Carlos do Celme Café: “Xa nos mataron en vida”.
- 03-11-2020: COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria.
- 02-11-2020: COVID: 13 concellos xa afectados na comarca.
- 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral.
- 28-10-2020: COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX
- 26-10-2020: COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3.
- Un novo estado de alarma para unha nova onda.
- 24-10-2020: COVID: 6 concellos afectados na comarca, nos que Malpica e Muros soben a nivel 2