A Costa da Morte reduce a súa fenda dixital


Estamos seguros de que QPC ten posto un bo gran de area nestes últimos 7 anos para que a Costa da Morte reducise enormemente a súa fenda dixital.
Naquel 2008 a Costa da Morte era a 2ª zona con menos ordenadores nos fogares, cun mísero 18%, só por debaixo do Incio (Ourense). Neste 2014, un 52% das casas da Costa da Morte teñen un ordenador, e un 56% conexión a internet. Un crecemento espectacular que nos sitúa por riba de zonas como A Coruña Suroriental, Lugo Sur, Lugo Oriental, Ourese Central, Ourense Sur, O Carballiño-O Ribeiro… Pero aínda lonxe de zonas urbanas como A Coruña, Santiago, Pontevedra ou Vigo, onde entre un 70 e un 75% das casas teñen internet.
Son datos do último estudio do Instituto Galego de Estatística, que mide, entre outras moitas cousas, a incidencia, a porcentaxe de fogares que dispoñen de ordenador e conexión a internet sobre o total de fogares en cada área e Galicia.



Quen ten ordenador e internet en casa?
Ordenador (incidencia) | 2010 | 2012 | 2013 | 2014 |
Área da Costa da morte | 44,97 | 45,11 | 55,11 | 51,90 |
Área da Coruña | 62,92 | 68,30 | 71,98 | 73,05 |
Área de Santiago | 69,21 | 72,30 | 74,73 | 71,35 |
Conexión a internet contratada (incidencia) | 2010 | 2012 | 2013 | 2014 |
Área da Costa da morte | 29,48 | 34,96 | 50,83 | 56,42 |
Área da Coruña | 52,42 | 61,49 | 69,14 | 68,61 |
Área de Santiago | 53,62 | 64,06 | 71,83 | 68,70 |
Canto usamos internet?
E dicimos que QPC ten paticipado activamente na redución da fenda dixital por varios motivos. Ademais dos cursos de alfabetización dixital que leva desenvolvemento pola zona, QPC é un gran activo na rede costeira. Levamos dende 2008 creando contidos hiperlocais para que os veciños da Costa da Morte teñan máis argumentos e cousas que ler na rede.
Así, a día de hoxe, unha de cada dúas persoas na Costa da Morte utilizaron a internet no último mes, unha cifra importante aínda lonxe do 70% das áreas urbanas galegas.
Sen dúbida, a mocidade é a máis activa, pero ata o 90% dos menores de 44 anos miraron internet nos últimos 3 meses. Entre os 45 e 54 anos, un 72% das persoas galegas buscaron algo na rede, por un 4% dos veciños entre 55 e 65 anos, e un 14% dos maiores de 65 anos.

Formación QPC
- QPC axudou a reducir a fenda dixital en Ponteceso.
- QPC achega á rede aos veciños de Corme e Ponteceso.
- QPC espalla o poder da rede entre os maiores de Dumbría.
- A rede une ás familias de Muxía.
- Muxía aprende a manexar as Novas Tecnoloxías en Igualdade.
Máis novas
- Construíndo o futuro dos medios en galego.
- “Os medios en galego estamos moi ben posicionados pensando no futuro”.
- QPC como exemplo de experiencia empresarial para os alumnos do Obradoiro de Emprego.
- 2011: O 95% dos adolescentes engánchanse á internet.
Máis novas QPC
- Un bo ano para os medios en galego.
- QPC: 5 anos informando na Costa da Morte.
- Fotocolaboradores QPC: “Dende o seu punto de vista”.
- Descarga a túa APP de QPC no teu móbil.
- 2011: Un gran ano para QPC.
- II Encontro de Colaboradores QPC: Os colaboradores de QPC tomaron a palabra.
- QPC e outros medios lanzan a campaña Vitaminas par o Galego.
- QPC e Certo unen a Costa da Morte e a Barbanza.
- QPC exporta información da Costa da Morte a toda Galicia Confidencial.
- QPC segue crecendo e se afianza como unha referencia informativa na Costa da Morte.
- 1 millón de visitas, 1 millón de gracias.
- Repaso ao 2010 para QPC.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- I Encontro de Colaboradores QPC: QPC presentouse en sociedade.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- IGE. Enquisa estrutural a fogares.