Venres. 03.05.2024
El tiempo

As Xornadas Micolóxicas volven colocar a Costa da Morte no centro de todas as miradas

As Xornadas Micolóxicas volven colocar a Costa da Morte no centro de todas as miradas
XIII Xornadas Micoloxicas Costa da Morte 2013

A semana pasada comprobamos en Fisterra que os cogomelos tardaron en saír este ano. Así e todo tiveron boa colleita polos montes fisterráns, e para esta semana, os membros da Asociación Micolóxica Pan de Raposo esperan poder volver a chegar á cifra das 200 especies de cogomelos para as XIII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte.

As máis especializadas xornadas de toda a bisbarra desenvolveranse os sábado 9 e domingo 10 de novembro en Cee, facendo coma sempre da Escola de Música un pequeno gran "reino fungi".

O programa compaxina exposición con visitas guiadas, con charlas e, como non, degustación. A exposición estará aberta ambos días de 10:30h a 13:30h e de 17:00h a 20:00h, e poderás recibir as explicacións sobre a mesma exposición do noso especialista José Manuel Castro Marcote o sábado ás 12:00h e de Manuel Pose Carracedo o domingo á mesma hora.

Ademais, teremos 4 conferencias polas tardes. O sábado ás 17:30 comeza José María Costa Lado cunha de "Cogomelos comestibles". De seguido, César Pérez falará do "Silvopastoreo na serra do Barbanza". Para o domingo quedarán as charlas de Chemi Traba Velay sobre "O xénero Russula", e de Francisco Lema, Chisco, cos seus vídeos sobre a "Natureza da Costa da Morte".

E como non, a parte que máis lles gusta aos menos "micolóxicos", a gastronómica. O sábado e o domingo haberá degustación de pinchos no Hotel Restaurante Larry e na Cervecería Atrio de Cee, e mais no Galeón de Ana, en Fisterra. Como para perder a ocasión de disfrutar dun produto local, de temporada, e exquisito!

Programa das XIII Xornadas Micoloxicas da Costa da Morte

Novas relacionadas

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Novas micolóxicas

Outras novas

Fonte

Comentarios