mércores. 30.04.2025
El tiempo

Carballo pon a máscara

Carballo pon a máscara
Carballo

Menudo entroido o de Carballo. A capital bergantiñá transfórmase en máscara para preparar un cartel do entroido 2014 completísimo.
O programa repite citas xa tradicionais, como son o Concurso e Desfile de disfraces, comparsas e carrozas do domingo 2 de marzo; e o tradicional Enterro da Sardiña, o Martes de Entroido (día 4), unha actividade que vai gañando seguidores e que na última edición contou cun cortexo fúnebre de arredor de 200 veciños e veciñas.

Este ano, os presentadores do Concurso de Disfraces serán a coñecida actriz carballesa Alba Bermúdez e o seu compañeiro en Triatreros, Tone Martínez.

Destacable tamén é o Concurso de Disfraces no Entroido da Sardiña, que conta con 7.000€ en premios, e que se celebrará o domingo 2 de marzo ás 18:00h na praza do Concello, ou no Pavillón Bergantiños se chove. Concurso para o que xa se poden inscribir ata o 2 de marzo.
E cómpre destacar a colaboración das asociacións e entidades dos distintos barrios e parroquias para construír o programa do Entroido. Así, haberá baile de disfraces e festexos propios en Oza, Berdillo, Sísamo, Rus, Sofán, Razo, Cances e Ardaña.

Programa do Entroido Carballo 2014

Entroidos na Costa da Morte

Máis novas

Fonte

Comentarios