Coristanco tamén celebra un entroido doce e para os máis peques


En marcha o Entroido de Coristanco, pois hoxe luns 9 comezan as actividades. A ludoteca municipal acollerá de luns a mércores obradoiros de disfraces, maquillaxe, máscaras e antifaces... Todo o preciso para que os máis pequenos vivan estas datas coa máxima intensidade. A ludoteca abrirá as súas portas de 15 a 20 horas, cinco horas do máis entretidas para os nenos e nenas.
Os escolares terán unha nova cita o venres 20. O edificio de servizos múltiples acollerá de 17.30 a 20 horas a Festa Infantil do Entroido, na que haberá talleres, música, xogos, desfile de disfraces e sorteo de agasallos entre os asistentes.
Ademais, o sábado 21 celebrarase a Festa da 3ª Idade. O edificio de servizos múltiples converterase nunha gran pista de baile para que os asistentes poidan gozar da música do Dúo Libertad. E, entre todos aqueles que acudan disfrazados sortearanse tres cocidos para dúas persoas no restaurante Casa Sánchez. A música empezará a soar ás 18 horas e a festa prolongarase ata as 21.
Entroido 2015
- Ata Alfredo Brañas se disfraza para o Entroido de Carballo.
- Zas volve armar un Entroido de disfraces.
- Malpica prepara o seu entroido ca Mikaela, o Farruco, o Faustino e os Madamitos.
- Cee volve centrar o entroido no Sábado de Piñata.
- Un entroido de pinchos en Muxía.
- Vimianzo e Baíñas disfrutarán dun doble e gran entroido.
- Dumbría prepara o seu certame de Comparsas dende Ardebullo.
- O Entroido de Fisterra xa ten pregoeiro.
- O Faustino e o Farruco camiñarán xuntos por primeira vez.
- Ponteceso e Corme terán unha fin de semana de Entroido de vertixe.
- A Mikaela ponse de curto.
- Unha gran cea para invitar á Mikaela ao Entroido 2015.
- Comeza o arrecendo a entroido polo Pindo e Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).