Xoves. 28.03.2024
El tiempo

En marcha a 4ª edición do Carballo Interplay, os Goya do audiovisual virtual

En marcha a 4ª edición do Carballo Interplay, os Goya do audiovisual virtual
Volverá encherse de audiovisual o Pazo da Cultura co Carballo Interplay, coma o ano pasado-Foto-DAVIDTOMBILLA Volverá encherse de audiovisual o Pazo da Cultura co Carballo Interplay, coma o ano pasado-Foto-DAVIDTOMBILLA

Xa están aquí. O éxito do ano pasado aseguraba unha nova edición. E xa arrincou o IV Carballo Interplay, eses “Goya” que convirten Carballo no centro do mundo do audiovisual virtual. A nova edición deste Festival de Contidos Dixitais celebrarase os días 4, 5 e 6 de maio e repartirá máis de 5.000 euros en premios.

Polo de pronto toca recibir propostas, pois o prazo de presentación está aberto ata o 31 de marzo a través da web www.carballointerplay.com. Apenas vai unha semana e xa van 120 webseries presentadas, superando a expectación de anos anteriores, e dando conta da incidencia, xa internacional, deste certame.

As webseries participantes, que deben ser producidas entre os anos 2015 e 2017 e ter un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición, poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou animación, nacionais ou internacionais. Entre as webseries recibidas, un xurado composto por profesionais do mundo das webseries, do audiovisual e da cultura, así como de representantes de asociacións profesionais relacionadas co sector premiará a mellor webebserie de imaxe real, a mellor webserie de animación, a mellor webserie internacional e a mellor webserie en versión orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categoría. A escolla do público, pola súa banda, levará 400 euros e trofeo. Tamén haberá un premio AGAG ao mellor guión e un premio CREA á mellor dirección, dotados con 200 euros e trofeo. Finalmente, entregaranse cadanseu trofeo á mellor actriz e ao mellor actor.

A mellor webserie en galego

Ademáis, despois do éxito acadado o pasado ano, o Carballo Interplay ofrecerá de novo un premio de 1.500 euros para o mellor proxecto de webserie en galego. O galardón resolverase cun pitching en directo durante o festival e a dotación económica deberá destinarse á produción dos primeiros capítulos da webserie premiada, que se proxectarán na próxima edición do Interplay.

Máis información e inscricións

  • Bases para o concurso de webseries
  • Bases para proxectos de webserie en galego
  • Formulario de inscrición.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios