Martes. 05.11.2024
El tiempo

Gastronomía e troula, protagonistas por igual na Festa do Percebe do Roncudo

Gastronomía e troula, protagonistas por igual na Festa do Percebe do Roncudo
Festa do Percebe do Roncudo 2016-PSOE O Presidente da Deputación non quixo faltar á Festa do Percebe do Roncudo 2016

Ao longo da mañá as ruelas cormelás ían sendo invadidas por grupos de camisolas da mesma cor, formando cuadrillas. Si, un ano máis, e xa van 24, tiña lugar a esperadísima Festa do Percebe do Roncudo. Xentes de toda comarca de Bergantiños non faltaron a unha cita que segue a ser unha das nosas festas gastronómicas máis internacionais, pois o percebe do Roncudo segue a ser o rei do marisco galego.

Desta volta repartíronse 600 kilos de percebes, algo menos que nos últimos anos, a 17€ a ración. Pero a xente quedou igual de encantada. Tanto os que viñeron pola gastronomía, como os que o fixeron pola troula.

Festa do Percebe do Roncudo 2016-A Cocina A cociña da Festa do Percebe do Roncudo 2016 Chema Gagino pregoeiro na Festa do Percebe de Corme 2016 Chema Gagino pregoeiro na Festa do Percebe de Corme 2016

Con emoción e sentimento arrincou a Festa, co pregón dun cormelán de arriba abaixo como Chema Gagino. Este home adicado ao mellor audiovisual de Galicia (actor, director, guionista…) confesou algunha que outra historia inconfesable nos seus anos mozos de Festa do Percebe.

Non quixeron perder a ocasión os políticos de turno. Estivo o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado en todo momento polo alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido. Por outro lado, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, estivo escoltada por unha completa relación de membros do PP, como o deputado laxense Ambrosio Oróns.

O PP Na Festa do Roncudo de Corme 2016 Comitiva do PP na Festa do Roncudo de Corme 2016

A Festa cormelá de Euskadi

Festa do Percebe do Roncundo de Sestao 2016 Festa do Percebe do Roncundo de Sestao 2016

E mentres, a 600 km de distancia, en Euskadi, celebrábase a Festa do Percebe do Roncudo de Sestao. 80 kilos de percebe repartíronse nesta festa de exaltación da gastronomía galega, servindo de fantástica promoción da nosa zona.

 

Galerías das Festas do Percebe do Roncudo

Novas relacionadas  

Fonte

Comentarios