Máis dun millón e medio de euros polo uso do galego a medios en castelán


Prolingua denuncia a Xunta polo "esmorecemento" do sector cultural do país. Así, nun comunicado lembra que hai doce anos este sector ocupaba o cuarto posto no PIB galego. Así o recolle o portal Galicia Confidencial. "Os gobernantes da actual Xunta escolleron que sectores produtivos impulsarían e cales deixarían esmorecer. Nun contexto de desemprego e de emigración, a posibilidade de que se arruínen ou saian adiante proxectos científicos, artísticos ou xornalísticos -eses que máis dependen, sobre todo no inicio, dos fondos públicos- non é aleatoria", apunta nun comunicado.
Neste sentido, destaca que só no 2014 os grandes grupos xornalísticos recibiron axuda oficial por valor de 1.675.000 € en concepto de “uso da lingua galega”. "O feito de que estea en castelán o 94% da información dos xornais que reciben tales sumas podería insinuar que o 6% restante -cada páxina publicada no idioma propio de Galicia- vale o seu peso en ouro", indica. No entanto, os medios escritos integramente en galego recibiron menos de 182.000 € polos seus centos de páxinas redactadas e publicadas no idioma do país.
"Cando se trata de subvencionar do modo encuberto -mediante a inserción de publicidade institucional- os datos máis recentes van na mesma liña: 2.500.000 euros procedentes do FEDER destínanse aos mesmos grandes da comunicación que reciben diñeiro pola promoción (?) da lingua propia de Galicia. Mentres,medios dixitais de referencia, algúns ben coñecidos pola súa pluralidade, pola atención aos contidos nacionais e pola actitude crítica, quedan fóra de toda axuda da Xunta", engade. Algo similar está ocorrendo neste período electoral con partidas publicitarias (600.000 e 300.000 euros), tal e como denunciou GC, procedentes de diversas consellerías.
"A Xunta pulverizou en seis anos todos os rexistros de destrución da pluralidade informativa: prensa nacional e prensa comarcal, revistas, cabeceiras dixitais; de xeito simultáneo, as que lideran o asentimento ao Partido no poder engordan unha temporada tras outra", destaca neste comunicado no que tamén critica que publicacións como Grial, A Trabe de Ouro ou Luzes non teñan ningún tipo de axuda.
Neste sentido, destaca as pequenas iniciativas empresariais en galego no ámbito comunicativo. "Se alguén sabe de vontade de supervivencia á marxe do público, de fe en pequenas iniciativas empresariais, de resistencia en precario, son as persoas que en Galicia se comprometen co dereito á información e ao coñecemento libres", suliña.
Por iso, critica que se usurpen os fondos destinados á promoción da lingua "non só coa finalidade de subvencionar as publicacións en castelán, o idioma máis longamente subsidiado do Estado español, senón como garantía de que as empresas cumprirán cando o esixan as necesidades da propaganda". "En virtude deste proceso circular os medios que máis teñen, máis reciben; na medida en que medra o seu orzamento faino tamén a súa capacidade de incidencia social, polo que aumenta a partida da futura subvención. Así ata o obxectivo último, que non é outro que a minorización terminal da vida intelixente en lingua galega. Un verdadeiro plan de apartheid, unha práctica que xamais recoñecerá as teorías nas que se inspira".
Por iso, esta asociación destaca que "non vai formar parte dun silencio que nos convertería en cómplices". E, alerta que, de non poñerlle remedio, acudirá a instancias internacionais ante un proceso que "pode culminar co baleiramento e liquidación da nosa cultura".
A nova AMEGA
Esta é unha listaxe de novas que compartimos os membros da Asociación de Medios en Galego:- Irmandade TV comeza este venres as súas emisións.
- Radiofusión: A sobrecarga de traballo deteriora a atención nas Residencias Públicas de Maiores.
- GC: A Xunta gastará 600.000 euros máis en publicidade antes das municipais.
- QPC: A concesión do Semáforo de Fisterra, un claro exemplo da presunta corrupción do PP.
- QPC: 20 nen@s sen praza escolar.
- Radiofusión: A Xunta recortará a proba do talón.
- QPC: Estamos a sufrir en silencio excesivo e sen saber até cando.
- Radiofusión: Xabier Ron (AGE): “A Xunta entrega a dedo millóns de euros aos grandes grupos de comunicación galegos”.
- Radiofusión: Montse Prado: “O PP predica pero non practica a transparencia”.
- GC: A Xunta vota en contra da transparencia nas axudas a medios de comunicación.
- A AELG premia á Asociación de Medios en Galego.
Máis novas
- AMEGA denuncia a exclusión de medios en galego das axudas institucionais.
- Construíndo o futuro dos medios en galego.
- A Amega denuncia a política de publicidade institucional da Xunta ante expertos europeos.
- A Asociación de Medios en Galego reclama máis transparencia cunha proposta de Lei de Publicidade Institucional.
- A AMEGA, en contra da devastación dos nosos montes.
- A Xunta comprométese a traballar coa Asociación de Medios en Galego.
- Un bo ano para os medios en galego.
- A Asociación de Medios en Galego presentouse aos catro Grupos Parlamentares.
- 17 de maio: A Xunta “pasa” do galego.
- En marcha a Asociación de Medios en Galego con participación costeira.
- Nace a Asociación de Medios en Galego coa presencia de QPC.
Novas sobre as Eleccións Xerais do Mirante para a AMEGA
- Maio 2015: #OMirante: O Partido Popular continúa coa súa caída.
- Abril 2015: #OMirante: Ciudadanos medra a costa do PP.
- Marzo 2015: #OMirante: O PP retoma o mando en intención de voto ante o novo baixón de Podemos.
- Febreiro 2015: : O Mirante: Podemos frea o seu medre pero segue sendo a forza máis votada.
- Xaneiro 2015: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: O Mirante: Podemos gañaría as eleccións a día de hoxe.
- Decembro 2014: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: Podemos, camiño da Moncloa.
Fonte
- Nova de Galicia Confidencial para a Asociación de Medios en Galego.