Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O Festival Sereas e Piratas xa ten nova data

O Festival Sereas e Piratas xa ten nova data
Festival Sereas e Piratas 2014

Outro dos festivais da Axenda Sonora da Costa da Morte que xa está en marcha é o Fastival Sereas e Piratas. Se xa coñecemos como vai ser o internacional VdeValarés, o electrónico Fermaz Festival ou o rockeiro #CasteloRock14, hoxe imos ata a praia de Razo, onde por certo van realizar unha campaña de dinamización turística en clave 2.0.

Pois a Asociación Cultural Rebeldía, tras 3 semanas de incertidume, tiveron a ben no día de hoxe anunciar a nova data de celebración do festival, pois tiveron que anular a inicial, o 12 de xullo, “por motivos alleos á organización”. Pois ben, vaian reservando o sábado 2 de agosto que o pop máis auténtico compartirá escenario coa natureza e co deporte.

I é que durante todo o día haberá actividades que fusionan as dúas paixóns que caracterizan este proxecto, que chega á súa novena edición: “a música e o surf, en mar ou en asfalto co skate”. Actividades que serán complementadas con volei-praia, a súa xa mítica sesión vermú, a exhibición de capoeira e un espazo adicado ós máis pequenos, protagonistas en tódolos seus proxectos, como o festival solidario que organizan no nadal "Os Reis Magos tamén Bailan Rock & Roll”.

Agora temos que esperar que a organización nos vaia filtrando algunha banda, pero de seguro que en breve sabemos algún que outro nome!

Máis información

Otras novas festivaleiras

Outras novas musiqueiras

Fonte

Comentarios