Os 5 mellores alumnos do curso, 5 becados pola Fundación Fernando Blanco


Xa se coñecen os agraciados/as cos Premios “Fernando Blanco” correspondentes ó curso 2013-2014, os cales están organizadas conxuntamente, por terceiro ano consecutivo, pola Fundación Fernando Blanco de Lema e o IES Fernando Blanco de Cee, e que contan coa colaboración da Deputación da Coruña, Estación de Servizo Bazarra, Centro Comercial Finisterrae, Vídeo Láser Santitel, Cabo Sport, Aurora Sport, Ler Librerías, Librería Trazos, Fersi Papelería, Roberto González Rigaut S.L. (Mapfre), Hotel Insua, Hotel-Restaurante Praia de Quenxe e Compucee.
Os premiados nesta terceira edición dos Premios “Fernando Blanco” foron:
- ÁNGEL MANUEL DEL RÍO MARTÍNEZ (MÓDULO II EPA).
- MARÍA VILLAR PIÑEIRO (3º ESO).
- RAQUEL CANOSA PEQUEÑO (1º BACHARELATO).
- FERMÍN PÉREZ CUNDÍNS (1º CICLO MEDIO MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO).
- ESTRELLA SANTAMARÍA VÁZQUEZ (1º CICLO SUPERIOR ADMINISTRACIÓN E FINANZAS).
A cerimonia de entrega dos Premios celebrarase o sábado 6 de setembro, ás 12 horas, no salón de actos do IES Fernando Blanco.
Os mellores expedientes
Os Premios “Fernando Blanco” están destinadas a recoñecer ós mellores expedientes académicos dos seguintes cursos: Módulo II EPA, 3º ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo Medio e 1º Ciclo Superior.
Era requisito imprescindible para optar a ditos Premios o feito de ter tódalas asignaturas aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5, así como matricularse no curso seguinte no IES Fernando Blanco de Cee.
Cada un dos Premios está valorado en 512 € (200 € en matálico e 300 en vales de compra doados polos establecementos colaboradores).
Novas relacionadas
- Unha fin de curso de vertixe cultural no IES Fernando Blanco.
- O mellor marisco do Concurso de Azulexos chegou dende Boiro.
- 2013: Os Solfamidas triunfan na Olimpiada Cultural do IES Fernando Blanco.
- Alumnos de Cee practican o seu portugués en Coimbra.
- Bazarra bota combustible solidario tamén no Instituto.
- O xalleiro Ángel Carracedo abre as mentes xenómicas dos alumnos de Cee:
- Os alumnos de Cee descobren o bosón de Higgs.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).