Mércores. 16.10.2019
El tiempo

Os naufraxios da Costa da Morte invaden o náutico coruñés e a rede da man de Rafael Lema

Os naufraxios da Costa da Morte invaden o náutico coruñés e a rede da man de Rafael Lema

O Real Club Náutico da Coruña acolleu na tarde noite do xoves a presentación do libro "Costa da Morte, un país de soños e naufraxios", do escritor costeiro Rafael Lema, e editado polo Grupo de Acción Costeira Costa da Morte, GAC 3.

Pesos pesados acodiron á nova presentación, trala realizada en Muxía, do mundo histórico submariño de Galicia. Ademais do autor estiveron presentes o investigador naval coruñés Fernando Patricio Cortizo, o presidente do GAC 3 Evaristo Lareo; o presidente do Real Club Nautico da Coruña Germán Súarez-Pumariega; e o delegado local da Real Liga Naval Española, José Manuel Igrexas.

A presentación encheu o salón de actos e a entidade editora repartiu mais dun centenar de exemplares entre os asistentes. O autor destacou a importancia da navegación na cidade da Coruña e destacados feitos históricos onde a mesma cobrou importancia ates de entrar na análise da súa obra, centrada no estudo e catalogación dos naufraxios sucedidos na Costa da Morte.

Segundo Lema "as costas galegas son o gran cemiterio mariño do Atlántico con preto de mil barcos afundidos desde a Idade Media, a metade deles no tramo da Costa da Morte".

Os naufraxios á rede

Unha das novidades que presentou o autor é que o seu próximo traballo será colgar en internet o censo galego xeneral actualizado de barcos afundidos, para a súa posta a disposición de investigadores e curiosos.

Fontes históricas

Na sala expúxose un libro de Autos Sacramentales de 1622 con debuxos nas súas páxinas en branco de barcos naufragados no seo de Corcubión, trazados desde 1852 polo seu último propietario, o cura de Ameixenda, en Cee, Antonio Canosa e Lado.

O acto serviu tamén para homenaxear ao fundador do club coruñés, o xeneral Miguel Feijoo Pardiñas, natural de Camariñas. Miguel Feijoo, retirado da vida militar en 1921, foi o primeiro presidente do náutico e así mesmo un dos seus fundadores en 1926.

Novas relacionadas

A Cara máis íntima do naufraxio

Máis novas de Naufraxios

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios