QPC participa como iniciativa sostible na rede nunha Xornada do Consello da Cultura Galega
Un luxo para nós que unha entidade como o Consello da Cultura Galega nos invite a participar nunha xornada tan interesante como a prevista para o vindeiro martes 8 de novembro. A Xornada “Panorama das iniciativas culturais galegas na rede” revisará diferentes proxectos que se manteñen vivos a través de plataformas dixitais. Entre nomes como Galicia Confidencial, Praza, Sermos, ou Campo Galego, está tamén Que pasa na Costa.
Ubaldo Cerqueiro participará nunha mesa sobre “Experiencias galegas sostibles” xunto a Ana Conde, de Teo Vivo, coa intención de compartir como é posible soster un proxecto comarcal coma este con 9 anos de historia.
Unhas xornadas abertas que servirán para coñecer os os mecanismos que empregan para o seu funcionamento e contextualizala no ámbito internacional. Joäo Canavillas abrirá as xornadas ás 10:00h en clave social. Hakan Casares faranos un mapa de iniciativas culturais galegas na rede. Ás 11:45h GC (Xurxo Salgado), Praza (David Lombao), Sermos (Rocío Castro) e Campo Galego (David González) compartirán a primeira mesa, seguida da de QPC e TeoVivo. Xa pola tarde, continúa a xornada cunha panorámica ás revistas culturais dixitais, moderada por Manuel Gago e con Alfredo Ferreiro (de Palabra Comum), Lara Rozados (A sega) e Daniel Lavesedo (GZmúsica). Alberto Marinelli e Andreu Casero Ripollés pecharán a xornada.
Unha xornada que se desenvolverá no Consello da Cultura Galega, no 2º andar do Pazo de Raxoi, na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. A inscrición é obrigatoria e de balde, e podedes facela no 981 957 202, ou [email protected].
Máis novas QPC
- QPC, 9 anos creando unha Comunidade arredor da Costa da Morte.
- A Costa da Morte reduce a súa fenda dixital.
- Construíndo o futuro dos medios en galego.
- “Os medios en galego estamos moi ben posicionados pensando no futuro”.
- QPC como exemplo de experiencia empresarial para os alumnos do Obradoiro de Emprego.
Formación QPC
- QPC axudou a reducir a fenda dixital en Ponteceso.
- QPC achega á rede aos veciños de Corme e Ponteceso.
- QPC espalla o poder da rede entre os maiores de Dumbría.
- A rede une ás familias de Muxía.
- Muxía aprende a manexar as Novas Tecnoloxías en Igualdade.
Máis novas QPC
- Un bo ano para os medios en galego.
- QPC: 5 anos informando na Costa da Morte.
- Fotocolaboradores QPC: “Dende o seu punto de vista”.
- 2011: Un gran ano para QPC.
- II Encontro de Colaboradores QPC: Os colaboradores de QPC tomaron a palabra.
- QPC e outros medios lanzan a campaña Vitaminas par o Galego.
- QPC e Certo unen a Costa da Morte e a Barbanza.
- QPC exporta información da Costa da Morte a toda Galicia Confidencial.
- QPC segue crecendo e se afianza como unha referencia informativa na Costa da Morte.
- 1 millón de visitas, 1 millón de gracias.
- Repaso ao 2010 para QPC.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- I Encontro de Colaboradores QPC: QPC presentouse en sociedade.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).